top of page

Sitios para visitar en Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes. Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña.


Dentro dos lugares recomendados, cabe destacar o Castelo de Santa Cruz. Está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de Santo Amaro. No século XIX foi mercado pola familia Quiroga-Pardo Bazán. En 1939 foi doado pola filla de Emilia Pardo Bazán á arma de cabalería para organizar colonias dos orfos de guerra civil ata 1978. O castelo quedou abandonado ata 1989 cando foi mercado polo concello. O Castelo de Santa cruz está declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.



1 comentario


Os elementos visuais elixidos son pertinentes e funcionan ben, tanto na parte de marcadores como na ventá emerxente. No relativo ao contido, faltaría un título para o mapa e tamén a autoría do mesmo, dous elementos de importancia á hora de consultar estes materiais. Ademais, dentro da ventá emerxente non nos acaba de funcionar de todo ben o presentar a latitude e a lonxitude, pois teriamos que copiala nalgún outro sitio para que nos resultase útil. En termos de programación contarche que faltaría por explorar o potencial da distribución ou agrupación destes puntos de interese en categorías, o que facilitaría a consulta dos elementos no mapa.

Me gusta
bottom of page