Queres saber que é Airas Moniz? Say cheese!
- argizeva
- 7 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Airas Moniz estase a converter nunha das marcas de referencia para os e as amantes do queixo. Esta empresa nace da transformación dunha gandaría intensiva adicada unicamente á explotación de leite e que apostou forte por un modelo distinto: apostar pola gandaría extensiva e vacas de raza Jersey (traídas dende Dinamarca) para transformar o seu leite en queixo.
Dende logo, a aposta non lles saiu mal. O seu queixo azul, Savel, foi recoñecido como "Mejor Queso de España" no Salón Gourmets. Ademais de galardoado co Premio Alimento de España 2021. Por segundo ano consecutivo, tamén foi o mellor queixo azul español. O recoñecemento é internacional, os World Cheese Awards concedéronlle na última gala a medalla Super Gold.
Quixen facer esta infografía para dar visibilidade a un caso de éxito do emprendemento rural no cal se aposta polos recursos existentes mimando a terra, os animais e os tempos. Un exemplo de que non só se pode vivir no campo e do campo, senón que se pode triunfar nel.
A maior dificultade que atopei á hora de facer esta infografía foi expresar unha gran cantidade de ideas e conceptos en pouco texto. Ademais de poder unir distintos eidos como son os fundadores, a raza de vaca ou os seus queixos; tamén con fotografías moi distintas; e conseguir unilo de xeito que todo quedara harmonizado.
Fonte das imaxes: www.airasmoniz.com
A nivel xeral hai un bo traballo coa cor e tamén entre a cor e os fondos elixidos, pois aseguras o bo contraste e a boa lexibilidade en todo momento.
O principal punto para a mellora chegaría no terreo do texto. Aquí tocaría facer primeiro unha revisión dalgunhas palabras que se nos filtraron por aí ("moho", "cor amarelo", "tonos") e nas que tamén é importante fixarse. Despois, habería que revisar a posición dos parágrafos, creando unha norma de "o texto vai dende aquí ata aquí" para tentar cumprila en todos os bloques. Por exemplo, en "Diferenciación" e en "Vaca Jersey" o texto chega a puntos diferentes. Algo semellante habería que facer con eses destacados que estableces para a parte baixa…