Quen gañou Eurovisión antes de Kalush Orchestra?
- samuelblancofraga
- 14 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Realicei esta infografía "simulando" un post de recordatorio las redes sociais de Eurovisión, recordando os últimos gañadores deste concurso musical. O maior problema que atopei foi comezar dende cero a decidir o diseño e sobre todo o emprego das cores e a colocación dos elementos.
Tamén tiña moita información que non me entraba na páxina da infografía, pero ao final decidín reducila para que entrase todo nunha única páxina.
En resumen, tiven unhas cantas dificultades pero creo que rematei apañándome cun mínimo de decencia.

En liñas xerais está ben traballada, aínda que si que é certo que hai que apuntar que nos queda un chisco curta de contido. Aquí estás no extremo oposto ao que sinalabamos para outros proxectos, nos que había moitas cousas. Iso si, todo o que hai está ben formulado no terreo da cor (as cores funcionan ben e hai contraste) e tamén no relativo á colocación e organización dos elementos. Por todo iso é unha pena que non haxa ese extra de contido ou non haxa algunha pequena explicación para cada unha destas vitorias, xa que o contedor deseñado era moi propicio. Ben traballado!