Que edificios relixiosos debes visitar?
- Elsa Blanco
- 25 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Galicia é unha das principais zonas de turismo relixioso pola Catedral de Santiago de Compostela. Porén, moita xente non coñece as cinco catedrais, igrexas, mosteiros ou ermidas que teñen gran recoñecemento na zona.
Con este mapa quero reflectir todos eses edificios relixiosos que deben visitarse na comunidade autónoma. Destaquei as catedrais poñendo a imaxe con maior tamaño. Neste mapa podemos clasificar as construcións en catedrais (que hai cinco máis dúas concatedrais), en igrexas (que hai seis), en mosteiros (que hai catro) e en ermidas (que hai dous). Cada un deles cun enlace a unha páxina que explica o lugar ou a unha propia páxina web.
O maior problema atopado foi a creación do popup debido a que non conseguía axustar un tamaño non que non houbera que subir e baixas, xa que dependendo da imaxe do popup axustábase ou non.
Está moi ben a nivel de programación, sen erros e cun menú eficiente na parte esquerda. O contido está tamén ben executado e presentado. Onde quedaría un chisco de espazo para a mellora sería no apartado visual. Dentro dos paneis emerxentes combinas unha imaxe circular cunha cadrada ou rectangular e, ademais, isto lévanos a que ese panel sexa máis longo a pesar de que nos queda "aire" pola dereita e a esquerda onde están as imaxes. Aí igual compensaba optar só por unha das imaxes para facilitar a navegación por ese punto concreto. Ben traballado!