top of page

Prepárate para o concerto de Muse

  • Foto del escritor: M VL
    M VL
  • 30 oct 2022
  • 1 Min. de lectura

A miña infografía é un cartaz que recolle os consellos e instrucións dados por Ticketmaster para acudir ao concerto de Muse (con The Killer Barbies e Years&Years) do pasado 8 de setembro.

Está concebida seguindo a liña de estilo dos concertos do Xacobeo - fontes iguais ou moi similares, mesmo uso de cores e os mesmos logos de colaboradores/patrocinadores. Plantexeino como unha maneira visual de recordar á xente os aspectos máis importantes antes de chegar ao recinto, xa que os correos que se envían con esta información non sempre se len.


Ao principio non sabía se facer a infografía deste concerto ou doutro; tamén sopesei facela das distintas vías de chegar ao concerto de Imagine Dragons en Monte do Gozo, pero ao final descarteina por ser moita información e non lograr plasmala como quería. Esta non tardei demasiado en concebila e montala, aínda que tiven que buscar as fontes e as cores correspondentes para que parecese un cartaz do Xacobeo. Porén, tívena moito tempo sen publicar porque non me remataba de convencer, e miraba de facerlle cambios pero non sabía que cambiarlle. Entón, fun retrasando e retrasando, pero non cambiaba nada significativo; entón decidín darlle os últimos retoques e entregala de todos modos.

Son consciente de que hai aspectos que se poden mellorar, sobre todo no relativo ás proporcións dos textos, e ao horario que vai enriba dos bullet points. Son os aspectos que non me rematan de convencer, pero creo que logrei transmitir a idea e estou bastante ben co resultado.





1 comentario


Todo o relativo á cor está moi ben resolto neste traballo. Xa viña un pouco marcada pola liña corporativa, pero está moi ben aplicada na infografía.


Como elementos para a mellora, sinalaría a necesidade organizar un pouco mellor eses bloques de contido, tanto a nivel interno como entre eles. Por exemplo, os números que determinan cada un dos bloques non gardan unha regra en canto á súa presentación. Aí o mellor é crear unha norma ("o número vai aquí") e repetila de xeito sistemático en todas partes. Tamén sería interesante baixar ese "concertosdoxacobeo.gal" á parte baixa da infografía e outorgarlle máis peso aos horarios, xogando cas negritas ou algún tipo de destacado.


Eses serían os principais puntos para a mellora…

Me gusta
bottom of page