Por que pagas cando mercas ovos (ademais de polos ovos)
- Antía Montes

- 10 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Moitas veces cando nos paramos en fronte das baldas do supermercado, cheas de opcións moi diversas para o mesmo producto, e tamén etiquetas de prezos moi diferentes, decantámonos pola oferta máis barata. É comprensible, a cesta da compra ultimamente sae cara, e temos que mirar pola carteira. Pero iso non quita que debamos ser conscientes de que no noso papel de consumidores temos certa capacidade para moldear o tecido económico e social, especialmente cando mercamos produtos básicos.
Detrás dunha ducia de ovos hai un modelo de negocio, de produción e unhas apostas diferentes. Estes son os que van dentro dun paquete do Pazo de Vilane (ademais dos ovos, claro).
No relativo á cor a selección é moi boa. Hai bo contraste entre os elementos, de xeito que é posible diferenciar todo o que se presenta do lugar (fondo) no que é presentado. Está tamén ben de marxes e de espazo entre os diferentes bloques, especialmente na metade da dereita. Iso si, nese "ticket" da parte esquerda habería que aumentar un chisco o tamaño da tipografía nalgúns puntos para mellorar a lexibilidade. Un exemplo sería ese "grazas pola súa compra" e mesmo tamén nos diferentes elementos que compoñen esa lista de prezos. E é que nese espazo hai un pequeno exceso de espazo en branco. É un case nada e pode encherse con facilidade con só aumentar un puntiño o…