Pobreza severa e exclusión social no Norte de España
- Aldara Castro Meizoso
- 21 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 2 ene 2023
Nesta última práctica traballei con datos sobre as carencias materiais e o risco de exclusión social nas comunidades autónomas do Norte de España. Para iso valinme de dous paquetes de datos: persoas en risco de pobreza ou de exclusión social por comunidades autónomas (Eurostat) e poboación en situación de carencia material e carencia material severa por comunidades autónomas (INE), da cal só empreguei as cifras de carencia material severa.
Para definir a pobreza, as dúas entidades válense aproximadamente dos mesmos parámetros:
1. Non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano.
2. Non pode permitirse comer carne, polo ou peixe polo menos cada dous días.
3. Non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura axeitada.
4. Non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos.
5. Tivo atrasos no pago de gastos relacionados coa vivenda principal ou en compras a prazos nos últimos 12 meses.
6. Non pode permitirse un automóbil.
7. Non pode permitirse un teléfono.
8. No pode permitirse un televisor.
9. No pode permitirse unha lavadora.
Eurostat considera carencia material cumprir polo menos 4 deses parámetros, mentres que o INE considera 4 carencia material severa e 3 carencia material.
As dificultades que fun atopando con esta práctica están moi relacionadas coas que atopei na práctica 3: para sacarlle partido a Flourish é necesario dedicarlle tempo a, simplemente, explorar as ferramentas que ofrece, e por tanto pasei bastantes horas observando cal sería a mellor forma de facer o que quería facer, experimentando e comparando. Aínda así, tiven que consultar bastantes cousas con compañeiros e profesor, principalmente relacionadas cos popups.
O de xerarquía está ben na formulación, aínda que nos faltarían categorías para ter ese efecto de que os datos puideran agruparse de diferentes xeitos. Habería que revisar esta circunstancia para facer que este produto fose máis rico e permitise afondar máis nos datos.
O de xerarquía está ben resolto no terreo visual e de traballo cos datos. Neste proxecto só faltaría axustar o tamaño do gráfico que vai na ventá emerxente, que é algo grande e dificulta a consulta do resto de elementos que van neste espazo.