top of page

Población residente en España en 2021

A maioría dos datos foron sacados da nota de prensa adxunta no enlace. Posteriormente, adapteinos ao excel compartido.


RESULTADO:


En el 2021, la población residente en España aumentó en 34.110 respecto a 2020 y se situó en 47.432.805 habitantes a 1 de enero de 2022. Tras seis años consecutivos creciendo, la nación alcanzó un nuevo máximo poblacional.




Nesta práctica, para min a maior complicación foi escoller sobre unha mesma temática diferentes datos e saber represetalos a través dun mapa, gráfico e táboa, de forma que tivesen un sentido lóxico todos xuntos. Ao principio, escollín a información moi rápido pensando que ía ser moi fácil, pero a medida que empecei a traballar con ela facíaseme máis complicado atoparlle un sentido útil aos datos representados entre os tres elementos. Así mesmo, tamén dubidei moito sobre a información escrita que os acompaña, pois non tiña moi claro si quedaba ben, era demasiado ou pouco, si era mellor por otra cousa, etc.


Finalmente, tras moitas voltas, teño que decir que quedei moi conforme co resultado final, e creo que fun capaz de sintetizar a información e darlle un sentido aos tres elementos en conxunto, de maneira que se entenda a relación entre os tren a medidas que os vas pasando.


1 comentario


O traballo cos datos é bo para os tres materiais e a selección das formas para representalos é tamén correcta. No mapa a escala de cor é clara e traslada correctamente a presenza dos datos en cada un dos territorios. Neste material quedaría certa marxe para a complicación ou a mellora na ventá emerxente. Tal e como falamos, dentro dun elemento tan sinxelo como este en Datawrapper, aí é onde residía a posibilidade de complicarse. Con todo, o presentado é correcto.


O gráfico é correcto na súa selección, aínda que si que é certo que igual se bota de menos unha maior cantidade de datos ou a comparación de máis puntos. É correcto e está ben executado, pero igual queda…


Me gusta
bottom of page