Os ollos sobre a Ribeira Sacra
- Eva Fernández Prieto

- 24 nov 2022
- 1 Min. de lectura
A Ribeira Sacra é un dos destinos turísticos máis coñecidos de Galicia, e cada vez máis en toda España. Vistantes de todas as partes do mundo achéganse ao longo do ano, non só na temporada estival, a visitar esta zona, candidata a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Polo tanto, nesta mapa represéntanse unha vintena de miradores da Ribeira Sacra a ambas beiras do río Sil, nas provincias de Ourense e Lugo. Algúns miradores non foron incluídos, porén, tamén paga a pena visitalos e informarse de todas as actividades e propostas que ten este fermoso lugar.
Na elaboración deste mapa tiven dificultades ao comezo na inserción das imaxes para cada punto, xa que non se amosaban no mapa, ou se o facían eran moi pequenas. Cando descubrín cal era o problema, redimensionei as imaxes e púxenas todas ao mesmo tamaño, o proceso resultou máis doado. As iconas da lenda tamén foron un contratempo ao inicio, xa que ao cargalas dende Font Awesome algunhas non se amosaban, e tiña que decantarme por outras opcións.
Nada que dicir, tan só que está perfecto. Ben de programación, ben de selección de contido e ben tamén no relativo aos elementos visuais elixidos. Realmente está para coller e presentar nalgún lado. Noraboa! Moi ben traballado!