top of page

Os mellores lugares de Santiago para o coidado da roupa

Para este traballo decidín escoller algunhas das lavanderías máis destacadas de toda a cidade de Santiago de Compostela. Ademais das tradicionais lavanderías tintorerías onde as nosas familias levaban as alfombras enormes dos nosos salóns a lavar ou as americanas dos traxes a planchar, cada vez están máis en auxe as lavanderías autoservizo, que acostumabamos ver de pequenas e pequenos nas películas americanas.

Primeiramente fixen unha recompilación dun total de dezasete establecementos, xa que tiven que desbotar algúns por diferentes motivos: non tiñan descripcións, semellaban estar pechados, non había fotografías, etc. Despois dese filtro, clasifiquei os negocios segundo o tipo de servizos, ben de tintorería tradicional ou ben de lavandería autoservizo.

Para indicar no mapa con iconas, quixen escoller dúas que foran representativas do tipo de establecemento. Aquí tiven certos problemas debido ás iconas de pago ou que non se visualizaban en Flourish. Quería escoller unha pila de moedas para as lavanderías autoservizo, xa que é como se paga en case todas elas, e unha lavadora ou un bote de deterxente para as tintorerías. Como para este último non me deixaba escoller ningunha desas opcións finalmente escollín unha icona dunha camiseta. As moedas levan unha cor cobriza, típica das moedas de céntimos, e a camiseta unha cor azul clara, a mesma que o título do mapa e das cabeceiras dos popups.

Outro dos inconvintes que atopei, foi a falta de imaxes das diferentes lavanderías, xa que de moitas delas, especialmente as tintorerías, só aparecían fotografías do exterior do local. É por iso que algunhas das imaxes dos popups son do interior do establecemento, e outras, do seu exterior, aínda que nesas se pode ver perfectamente o nome de cada unha das lavanderías.

En canto á información de cada un dos popups de cada establecemento, intentei engadir algunhas das características ou servizos que estas ofrecen e que poden ser diferenciais das demais. Incluín tamén os horarios de apertura en grosas, xa que pode que ser un dos datos máis relevantes para aquelas persoas usuarias destes servizos. Tratei de facer que esas descricións non foran moi semellantes, ao final todos estes establecementos teñen unha mesma finalidade que se consegue de xeitos moi parecidos. Mais todo aquilo máis salientable de cada negocio, está especificado no popup correspondente.

Polo tanto, velaquí unha recompilación dos sitios aos que se pode acudir na cidade de Santiago de Compostela para deixar as nosas prendas textís nas mellores mans!



1 comentario


Está case case perfecto e só sinalaría dous puntos para a mellora. En primeiro lugar recomendaríache empregar imaxes con máis resolución na ventá emerxente, así asegurámonos de que se visualizan con maior claridade. Por outra banda, elementos como o horario de apertura poderían ir dun xeito máis parecido a ese "Tipo de lavandería" da ventá emerxente. Así aportamos a información a un golpe de vista e non temos que navegar polo parágrafo, aumentando a claridade desa información tan útil ao tratarse dun establecemento público. Fóra diso só queda dicir un "noraboa!" ben forte, xa que está perfectamente executada. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page