Os maiores de 65 en España: estado actual e evolución
- M VL
- 18 ene 2023
- 4 Min. de lectura
Actualizado: 19 ene 2023
As melloras sanitarias e o baixo número de nacementos propiciaron que cada vez haxa máis xente nesta franxa de idade

Dúas persoas anciás sentadas nun banco, ante a praia. | Imaxe: Monica Silvestre - Pexels
En España hai algo menos de 10 millóns de persoas maiores de 65 anos. Segundo Europa Press, equivalen ao 20% da poboación do país, cuxa media de idade é de 44,1 anos. E se prevé que esta cifra seguirá aumentando grazas a factores como unha maior esperanza de vida e á chegada a esta franxa de idade da xente nacida no baby boom (1957-1977).
Asturias, Castilla e León e Galicia, as comunidades con máis persoas maiores
A taxa actual de envellecemento, segundo o INE, citado por ElEconomista.es, é do 133,5%, o que significa que, por cada 100 persoas menores de 16 anos hai 133 maiores de 64.
Esta taxa, que indica en canto supera a poboación ‘maior’ á poboación ‘nova’, leva superando o 100% dende o ano 2000. En 1999 todavía era do 99%, polo que había máis xente menor de 16 anos que maior de 64.
Esta franxa de idade non é a maioritaria en ningunha comunidade autónoma, pero, a data de 2022, superan o 10% da poboación en todas as CCAA e cidades autónomas. As comunidades máis avellentadas son as do noroeste peninsular, mentres que ao sur hai unha menor proporción de persoas maiores de 65, segundo os datos do INE.
Parte destas porcentaxes maiores pode achacarse á gran prevalencia de zonas rurais, que a xente nova tende a abandonar en pos dunha vida en cidades e lugares con máis oportunidades de traballo. Ademais, non hai demasiada conexión da xuventude co estilo de vida rural, como comenta neste vídeo de El País de 2018 o alcalde de A Teixeira, Miguel Cid. "El declive demográfico es muy difícil de parar, porque no se dan las condiciones para que la gente pueda sobrevivir o vivir dignamente de lo que la tierra le da, porque no tienen la tierra, no tienen la cultura de trabajarla, y al final yo creo que eso es lo que va a condicionar que esto acabe por perderse".
No se dan las condiciones para que la gente pueda sobrevivir o vivir dignamente de lo que la tierra le da, porque no tienen la tierra, no tienen la cultura de trabajarla.
Poucos nacementos e moitos avances na saúde
Este avellentamento da poboación ten varias razóns de ser; entre elas, a baixa taxa de natalidade ou o crecemento da esperanza de vida. O escrito 'El proceso del envejecimiento en España', de José Ignacio Conde-Ruiz e Clara I. González, mide a evolución de factores demográficos como a fertilidade, a esperanza de vida e a migración, e prevé como evolucionarán de cara ao 2050.
A taxa de natalidade en 2021 estaba en 7 nacementos por cada 1000 mulleres, segundo o artigo de ElEconomista.es antes mencionado. Esta, que xa tendía á baixa, afundiuse aínda máis no clima actual, ás crises, coas súas consecuencias económicas e laborais, sumáronselles as secuelas da pandemia de COVID-19 e a inflación agravada pola Guerra de Ucrania. Estes factores contribúen a construír un ecosistema de inestabilidade, no que a xente non sinte seguridade e estabilidade como para ter fillos.
Coa evolución natural da poboación, a cifra de persoas deste grupo foi crecendo. O aumento da esperanza de vida favoreceu a este dato; ademais, se prevé que esta cifra siga crecendo nos próximos anos, xa que a xeración nada no baby boom, os ‘boomers’, son a máis numerosa de España (segundo o INE, uns 14 millóns de persoas) e comezarán agora a xubilarse.
Un millón máis na última década
Dende 2012 ata 2021, pasou a haber 1.242.880 persoas máis nesta franxa poboacional, segundo datos de Eurostat. Sempre houbo máis mulleres que homes, xa que son unha maior parte da poboación e teñen maior esperanza de vida, e o aumento de poboación veuse tanto no lado masculino como no feminino.
Un futuro con 50 millóns de españois
Segundo as Proxeccións de Poboación 2022-2072, do INE, a poboación en España de cara ao futuro aumentará; prevé que en 2037 a poboación superará os 51 millóns, e, para 2072, os 52,9, o que supón un aumento de 5,45 millóns respecto á cifra actual.
Desta poboación, formarán un porcentaxe cada vez maior as persoas nacidas fóra de España - a migración internacional sería o principal factor de crecemento da poboación. E a porcentaxe de cidadáns nados en España pasaría de ser o 84,5% do total a ser o 63,5% en 50 anos.
Ata 2036, o aumento de poboación a través da inmigración implicaría 5,6 millóns de persoas máis, e, para 2071, significaría uns 14,8 millóns de persoas máis. Todo isto se equilibra coas datas de defuncións e emigración.
O número de nacementos sempre é menor que o de defuncións, pero se espera que aumente a taxa (1,27 en 2036) e que entre 2022 e 2036 nazan uns 5,5 millóns de bebés, que é un 14,2% menos que nos 15 anos anteriores. Pero tamén seguirían aumentando as defuncións, e habería un saldo vexetativo negativo ata aproximadamente 2061, a partir do cal comezaría a repuntar.
A esperanza de vida, segundo este informe, crecería ata os 90 anos nas mulleres e os 86 nos homes.
Polo tanto, espérase que haxa cada vez máis xente maior grazas a unha maior esperanza de vida, e se esperan chegadas de xente máis nova cos nacementos e coas persoas migrantes. Porén, o número de mortes todavía seguirá superando ao de nacementos durante bastante tempo.
A redacción e o relato elaborado está perfecto. Ademais, hai unha moi boa integración dos elementos gráficos. Dentro destes, en xeral están moi ben elaborados. Como apuntamentos mencionaría a necesidade de revisar un chisco a posición dos textos e dos destacados en bloques como o de "Maior esperanza de vida" na infografía. Tamén tocaría quedar cun dos dous filtros presentes no último gráfico de Flourish, pois tanto a lenda de cor como o buscador serven para o mesmo. Fóra diso non hai nada que dicir, pois está moi ben executado todo. Noraboa!