Os incendios forestais: un problema que cada vez vai a máis
- Aarón González
- 12 ene 2023
- 3 Min. de lectura

En consonancia co avance do cambio climático, os incendios forestais é un dos moitos temas recorrentes nos últimos veráns, xunto ca secura, entre outros; ambos relacionados co proceso que está vivindo o planeta.
Como informaba RTVE, un 40% das hectáreas que arderon nos territorios da Unión Europea pertencen a España, sendo un total de case 310.000 hectáreas en 2022, segundo os datos do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais (EFFIS).
Estamos a falar do peor ano desta problemática desde comezos de século, xa non só polos danos ambientais, senón tamén polas emisións de dióxido de carbono dos lumes. O impacto da Unión Europea superou os 28 millóns de toneladas de CO2, das cales 11 millóns emitíronse desde España.
Isto supón, desde que existen rexistros, o quinto peor dato do global; superando á superficie queimada no 2021 por 3,5 veces máis. O primeiro gran incendio forestal do verán rexistrouse en Pujerra (Málaga), o 8 de xuño. Unhas 3.500 hectáreas foron completamente arrasadas. Xusto tres días despois disto, daba comezo a primeira ola de calor estival. O fenómeno durou unha semana e deixou decenas de incendios que afectaron a 23 provincias españolas.
A provincia española máis castigada polos incendios neste 2022 foi Zamora. Un dos incendios máis destrutivos do ano tivo lugar entre as localidades de Losacio e Tábara: iniciouse no 17 de xullo e as súas chamas non se extinguiron ata o 14 de agosto. O lume estendeuse ata a Sierra de la Culebra. A causa do incendio foi a chamada tormenta seca, que non era a primeira na zona.
Para rematar ca cuestión española, a través dun mapa, ofrecemos os datos dos incendios nas comunidades autónomas do Estado español no 2015, último ano rexistrado polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico; ademais tamén para introducir a seguinte cuestión: o peso que ten Galicia nos incendios forestais do país. A través da información emerxente, móstrase a porcentaxe de achega das comunidades autónomas ó total español.
No 2020, último ano rexistrado polo Instituto Galego de Estatística, en Galicia producíronse 1527 incendios, onde case un 39% destes producíronse en Ourense, outro ano máis converténdose na provincia galega máis afectada polos incendios.
En canto a evolución histórica do número de incendios e hectáreas queimadas na comunidade autónoma do noroeste, desde o 2007 ata o 2011 non paraba de crecer o número de incendios forestais, chegando ó seu máximo en 2011, alcanzando os 6342 incendios en total. Despois deste ano, houbo varios altibaixos ata o 2017, ano no que máis superficie ardeu, cun total de 62096,26 hectáreas queimadas. Sen lugar a dúbidas, Galicia é a comunidade autónoma que máis sofre os incendios forestais.
Cales poderían ser as posibles claves para reducir os incendios forestais? Entre as máis básicas, atopamos:
Non deixar residuos que podan provocar un incendio, tales como botellas ou obxectos de cristal; non facer lume en época de incendios -parece evidente, pero estímase que o 95% dos incendios son provocados polo ser humano-, aparcar os vehículos en zonas despexadas de pastos e/ou non empregar ferramentas mecánicas coma motoserras que poden provocar chispazos, aumentar a inversión en xestión forestal, pois a prevención dos incendios é máis doada que a súa extinción; aumentar a concienciación ambiental, o cal está avanzando de forma esperanzadora pero aínda queda moito camiño; a aplicación efectiva da normativa medioambiental e aumentar os controis -máis recursos humanos e técnicos dispoñibles para impedir estes delitos-, e por último pero non menos importante, saber reaccionar ante un incendio -contactar de inmediato co 112 de Emerxencias ou co 062 da Garda Civil-.
Moi ben escrita e moi ben integrados os elementos de visualización de datos no conxunto. Ademais, existe unha perfecta conexión entre eles grazas ao bo uso que fas da cor.
Como puntos para a mellora, dicir que a infografía, aínda que correcta, si que é certo que se nos queda un pouco curta e desexariamos algo máis de contido para seguir afondando nesta realidde. O mapa de Flourish está moi ben executado, así que nada que dicir sobre el. Finalmente, no gráfico final tocaría axustar o formato de presentación das cifras, que actualmente está en inglés.
Ben traballado!