top of page

Os hábitos culturais en Europa e España

Os datos recopilados teñen o obxectivo de comparar os hábitos de consumo cultural en España respecto los paises do sur da Unión Europea e amosar unha panorámica sobre a distribución das profesións e empresas culturais na Comunidade.


Para elo, obtivéronse en Euroestat datos relativos ao consumo cultural nas actividades máis populares (cine, visitas a museos e espectáculos ao vivo) en diferentes países de Europa.

Dese xeito obtense unha visión panorámica de España respecto a outros países europeos.


Ademais, para obter unha panorámica máis concreta do sector cultural no noso país, obtivéronse os datos no Ministerio de Cultura relativos tanto ao consumo cultural nos eidos indicados no parágrafo anterior por Comunidade Autónoma como a distribución de emprego e empresas culturais por Comunidade Autónoma.



Cos datos obtidos, podemos observar unha tendencia ao consumo de cine e exposicións fronte aos espectáculos ao vivo (música, teatro, circo, etc). No seguinte gráfico represéntase ademais dese dato, cales son as CCAA que máis consumen actividades culturais.


A seguinte gráfica ten o obxectivo de amosar a distribución do empero cultural en España e ademais ver se hai algunha relación entre o consumo cultural nas CCAA e a situación laboral do sector das mesmas.

As Comunidades Autónomas con máis traballadores culturais e volumen de empresas (tamaño do punto) son Madrid, Cataluña e Baleares. Con todo, chama a atención que Andalucía, malia ter unha porcentaxe de traballadores culturais baixa, é unha das CCAA con maior porcentaxe de empresas culturais. Poderíamos especular se se debe á eventualidade e estacionalidade dos empregados do sector, ligado ao turismo.

Como observamos xunto coa gráfica anterior, non existe unha relación directa no consumo de cultura autonómico co volume de emprego no sector.










1 comentario


O de dispersión está bastante ben executado. Faltaría, iso si, sinalar que se trata de porcentaxes tamén na propia lenda do eixe.


En canto ao de xerarquía, hai algúns erros no contido do popup, que no seu último punto ten un "undefined". Ademais, faltaría por mudar ese "All" por un "Todos" no menú do filtro.

Me gusta
bottom of page