Os gañadores do circuito ATP en 2022
- Aarón González
- 24 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 12 ene 2023

Para esta tarefa, escollín un tema menos denso: o tenis masculino. Tiña claro que quería amosar ós gañadores e perdedores das finais dos distintos torneos que houbo no ano. Escollín os máis prestixiosos, ademais de oito títulos da categoría ATP 500 para ter 20 puntos de interese, que foron escollidos entre o resto de ATP 500 en función da cantidade de diñeiro que se obtén por ser o gañador.
Os gañadores de Grand Slam teñen a súa imaxe máis grande por ser este o torneo máis prestixioso, sendo tamaño mediano os gañadores de Masters 1000 e o máis pequeno os gañadores dos ATP 500. Ademais de indicar o lugar do torneo e o gañador, nos popups explícase o resultado de cada final, o gañador e o perdedor e unha imaxe de ambos cos respectivos trofeos (de gañador e de finalista).
Sobre as dificultades que houbo, salientar saber empregar ben as imaxes e que o tamaño fose o correcto para que non estropease o deseño. Nalgúns puntos é difícil facer que as imaxes non se superpoñan, como en París ou Londres onde hai varios puntos de interese, pero a excusa da variación do tamaño para resaltar ós torneos máis prestixiosos réstalle importancia a este problema.
A idea de base está ben, mais tocaríanos facer algúns axustes para que esta fose clara. O tamaño das imaxes dos xogadores é un chisco grande de máis, o que fai que teñamos bastante superposición en determinados puntos. Ademais, poderías establecer unha serie de categorías para eses diferentes tipos de torneos, o que nos axudaría na consulta dese material.
Dentro do terreo dos elementos visuais, algunhas das imaxes que hai dentro das ventás emerxentes perderon a proporción, o que fai que se traslade a sensación de erro. En canto ao contido, habería que reformulalo un chisco para combinar eses parágrafos nos que presentamos a información de forma máis extensa cun pequeno parágrafo con elementos máis concretos e que funcionan como…