top of page

Os equipos profesionais de Londres

Esta terceira práctica quería dedicala a unha temática deportiva, xa que non o fixera en ningunha das anteriores e consideraba que se podería prestar para facelo. Primeiramente, pensei en facer un mapa recollendo os equipos dunha determinada liga, pero considerei que esa sería unha idea "recorrente", polo que decidín presentar os equipos dunha cidade, pero de deportes diferentes. A cidade escollida foi Londres, xa que é unha cidade enorme e na que se practican moitos deportes.


A primeira dificultade coa que me atopei foi a de seleccionar os equipos e as divisións. Finalmente, decidinme polo fútbol, baloncesto, rugby e crícket, xa que son catro dos deportes por equipo máis practicados nesta cidade. En canto ás divisións, considerei que tratar as tres primeiras categorías de cada deporte sería abondo, tendo en conta ademais, que en baloncesto e crícket (en Londres) só hai equipos da primeira división. As divisións tamén están relacionadas coa cor das iconas, posto que cadaunha ten unha cor asociada: a cor dourada para a primeira categoría, a prateada para a segunda e a bronce para a terceira.


A segunda dificultade foi a de tratar as imaxes dos escudos para que se visualizasen de forma correcta. Tras probar diferentes combinacións, considerei que o mellor era darlles o mesmo ancho (150 px) para que aqueles escudos que non tivesen o mesmo ancho que alto, non se distorsionasen.


Por último, tiven que decidir que información aportaba de cada club. Decanteime por poñer un primeiro parágrafo no que se contextualizase a data de fundación e un par de datos curiosos do equipo e despois establecer catro apartados comúns para todos: a división na que se atopa o equipo agora, o seu palmarés, o estadio no que xogan e un enlace ao seu sitio web. Aínda que non foi un traballo complicado, si que levou o seu tempo, porque non coñecía á maioría dos equipos e tiven que documentarme para saber, por exemplo, os títulos que gañaron.

1 comentario


Moi ben traballado! Ben a nivel de contido e ben tamén no terreo dos elementos visuais empregados. Hai unha boa clasificación por categorías e o menú da esquerda funciona correctamente. Tan só nos faltaría por revisar o tamaño da ventá emerxente, pois quedaría un chisco mellor facéndoa algo máis ancha, facilitando así a consulta da información. Noraboa!

Me gusta
bottom of page