Os datos sobre a industria gandeira en Europa
- luciaortigueira
- 7 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 31 dic 2022
Para esta cuarta práctica optei por recabar datos relativos á industria gandeira en Europa en xeral, estudando a produción de carne procedente de bovinos, ovinos e caprinos nos diferentes países, e posteriormente centrándome no número de explotacións gandeiras concretamente en España. Os datos a nivel Europa proceden de Eurostat, e os de España, do INE.
Precisamente o traballo cos datos foi o que máis dores de cabeza me deu: filtralos, seleccionar os que me interesaban (tiven que realizar algunha operación matemática para aunar a produción de bovinos, ovinos e caprinos no caso da información de Eurostat) e entender as unidades de medida. O das unidades de medida foi un caos ao inicio, porque os datos de Eurostat veñen en miles de toneladas e Flourish non entendía nun inicio os números que estaba metendo. Solucionando cambiando as comas polos puntos.
A maiores, no caso do gráfico de dispersión quixera facer un pop-up que se cubrise de xeito automático, mais pola maneira na que dispuxen os datos inicialmente, non o podía facer, entón optei por engadir unha columna a maiores para a información. Máis alá de todo isto, non houbo maiores dificultades porque a aplicación é bastante intuitiva, e o poder observar os exemplos que trae axuda un montón.
Nada máis engadir que no gráfico de dispersión, algúns países non rexistraron datos para algún dos anos que tiven en consideración, pero decidín incluílos igualmente para ofrecer o panorama europeo completo. Comentar á súa vez que optei por un gráfico de puntos conectados precisamente por estar elaborando unha comparativa. O que se detecta, como se verá, é que a produción de carne non variou en grande parte dos países europeos, mais hai algún caso chamativo.
Achego a continuación os gráficos:
Pois está todo perfecto, tanto no terreo do traballo cos datos como no da programación. O único punto que sinalaría como necesario para unha pequena revisión sería o marcador para os datos de 2011 no gráfico de dispersión, xa que ese amarelo non ofrece contraste suficiente co fondo blanco. Habería que retocalo un chisco para que fose máis claro e así funcionase algo mellor a nivel visual. Pero fóra deste pequeno detalle está todo perfecto. Noraboa!!!