Os datos de suicidio en España na época do COVID-19
- Camila Mosquera Filak
- 19 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Na actualidade, as defuncións por suicidio constitúen a principal causa de morte non natural en España.
Pero ademais, no ano 2020, supuxeron un gran problema, xa que as consecuencias derivadas do illamento colectivo incrementaron as tendencias suicidas no conxunto da sociedade española.
A través dos datos proporcionado polo INE, podemos observar a evolución da taxa de suicidio en España no ano 2020, comparándoa, á súa vez, con anos anteriores.
Ademais, os datos amosan o sexo maioritario nos falecementos por morte autoinflixida, observando unha gran maioría de homes dentro deste rango. Desta forma, a taxa proporcional masculina prácticamente duplica á feminina nas distintas Comunidades Autónomas.
En termos xeográficos, Asturias e Galicia representan o foco principal de suicidios cunha mortalidade moito máis elevada ca media (case 12 mortes por cada 100.000 hab.), mentres que os valores máis baixos a nivel peninsular se rexistran na Comunidade de Madrid e Navarra.
Porén, Ceuta e Melilla constitúen os territorios españois coa taxa máis baixa.
Hai un bo traballo cos datos e unha boa presentación dos mesmos, elixindo formas axeitadas. Ademais, hai un bo traballo no terreo da cor, que é consistente ao longo dos tres proxectos realizados.
No terreo das melloras, sinalar que faltaría por axustar o idioma do espazo de visualización (está en español e os traballos en galego), aproveitando esa funcionalidade que nos aporta Datawrapper. Ademais, sería convinte reforzar un chisco máis o apartado de descrición (que no gráfico faltaría por empregar).
No gráfico, ademais, recomendaríache facer uso da opción de organizar as barras de maior a menor. Deste xeito podemos facernos unha composición de lugar un chisco máis clara de onde son máis e menos habituais estas frecuencias. Ben traballado, a…