top of page

Os casamentos en España

As persoas levan casando dende hai séculos ou milenios, pero non somos conscientes da cantidade de casamentos que realmente se levan a cabo. Por iso, decidín recorrer ao INE para buscar datos a nivel español. Organiceino nun mapa marcando as comunidades con maior número deles, que son as máis poboadas, e entre as que se cola Galiza. Ademais, fixen un gráfico e unha táboa para comparar os datos por comunidade cos do ano 2020 para contrastar co 2021. Podemos observar que son números moito máis baixos por, supostamente, a pandemia e o confinamento do coronvirus.


O gráfico:


A táboa:



1 comentario


Faltan uns cantos minutos de traballo extra, pois hai cousas que son básicas que non están presentes nestes tres traballos. Falta por adecuar o idioma da visualización (está en inglés), falta por sinalar a fonte e a autoría do traballo e falta tamén por traballar a parte do subtítulo ou descrición, moi útil como porta de entrada para os datos. Ademais, faltaría por traballar un pouco a cor, especialmente no mapa, ao quedar na paleta predefinida que nos ofrece Datawrapper.


É importante facer uso de todos estes elementos, pois son os que nos axudan a facer traballos máis personalizados e que poidan ter un maior atractivo para a audiencia.


A polo seguinte!

Me gusta
bottom of page