top of page

O Vía Crucis que se percorre por mar

Para esta práctica en Flourish, decidín facer unha visualización sobre un tema ao meu parecer realmente interesante, aínda que, quizáis, pouco coñecido: a ruta do único Via Crucis marítimo que existe no mundo, e que está vinculado á peregrinación a Santiago por mar, a coñecida como Traslatio. Polo contido do mesmo, considerei que o traballo cartográfico era ideal para representar esta cuestión. O máis complexo foi ubicar os cruceiros correctamente no mapa, porque son elementos que non aparecen en Google Maps en moitas ocasións e, ademais, as coordenadas que se poden atopar en determinadas páxinas están mal ás veces. Outra das dificultades foi atopar fotografías decentes, porque non hai demasiado material dispoñible na web.

Polo demais, e máis alá dos crebacabezas que ás veces me fixo pasar á aplicación (aínda que todo tiña a súa lóxica e se solventaba sen problemas ao final), non houbo máis contratempos. Cabe dicir que os cruceiros están localizados moi préto uns dos outros, por iso tiven que facer axustes para evitar solapamentos. Do mesmo xeito, en lugar da opción do pop up decanteime polo panel lateral porque considerei que era moito máis estético e facilitaba a lectura ao lector, principalmente porque podería ler a información de cada cruceiro sen deixar de ver a localización do mesmo e dos demais.


1 comentario


Pois non teño absolutamente nada que dicir. É un deses materiais que está para coller e presentar por aí, xa que hai cousas que están bastante peor e ás que se lles dá máis bombo. Ben de programación, sen erros e cunha estrutura ben executada. A nivel de contido está tamén perfectamente resolto e o relativo ás imaxes, tanto en marcadores como dentro dos paneis, tampouco amosa ningún problema. Moi ben traballado!

Me gusta
bottom of page