top of page

O total de residuos recollidos en España durante o 2019

En primeiro lugar, escollín este tema porque me custou moitísimo decantarme por algún. Custoume moito atopar un tema que me gustase e do que atopase datos concretos. Ao final decanteime polo tema dos residuos xerados en España. Quería buscar un tema que me permitira facer a práctica por comunidades autónomas.


Os datos saqueinos do Instituto Nacional de Estadística (INE), no apartado de agricultura e medio ambiente, máis concretamente nas estatísticas sobre recollida e tratamento de residuos. Neste caso, os datos son sobre residuos urbanos e pertencen á serie de 2010-2019. Eu soamente me quedei cos datos referidos ao 2019. Teño que dicir que empreguei os mesmos datos para os tres elementos gráficos que compoñen a práctica. En canto á limpeza dos datos, non me resultou difícil porque soamente me quedei co total de residuos urbanos recollidos no 2019 por territorios, descartando a clasificación por tipo de residuo e tamén os datos dos anos anteriores. Cabe destacar que non ía incluir as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, porque non había datos dispoñibles sobre elas, pero ao publicar esta práctica dinme conta de que os nomes destas dúas cidades aparecían igual, pero se os eliminaba, movíanse todos os datos e tería que empezar de novo, así que perdón.


En canto aos problemas cos que me atopei á hora de facer as diferentes partes desta práctica, un deles foi a selección de cores. Escollín un degradado de cor que me gustaba mentres estaba facendo o mapa coroplético, pero había unha diferenza de cores un pouco forte, pero despois xa o arranxei máis ou menos coa axuda do profesor (gracias). Despois quixen manter esas cores para as outras, pero ao principio custoume poñer as cores, pero despois conseguino. Para o gráfico si que escollín só unha das cores das que empreguei ao principio, e a partir de aí fixen un degradado.


1. Mapa coroplético: este amosa a cantidade en quilogramos por persoa de residuos urbanos recollidos durante o 2019 nas diferentes comunidades autónomas españolas. As cores que o representan van nun degradado de cor beis a violeta, sendo a primeira os territorios con menor cantidade e a segunda os de maior cantidade. Ademais engadín os pop-ups para que ao pasar o rato por enriba, se amplie a información desa comunidade.


2. Táboa: esta amosa tamén os mesmos datos e as mesmas cores. Ademais decidín ordenar os territorios segundo a cantidade de residuos; de maior a menor cantidade.


3. Gráfico: escollín este modelo de gráfico porque penso que é o que mellor se adaptaba ao tema. Empreguei os mesmos datos que nas dúas anteriores. Ademais, ao igual que coa táboa tamén ordenei en función da cantidade, de maior a menor.


A continuación deixo o documento cos datos que empreguei nesta práctica, e neste enlace os datos do INE.







1 comentario


En liñas xerais hai un bo traballo cos datos e unha boa presentación gráfica dos mesmos. Tan só sinalaría dous aspectos como puntos de posible mellora para que o traballo chegase ao 100%.


O mapa ten unha liña de cor clara e un degradado que funciona perfectamente á hora de identificar onde están os datos máis altos e máis baixos. O único punto para a mellora e, máis que para a mellora, para a complicación, estaría nas ventás emerxentes. Todo o presentado é correcto e tan só quedaría por explorar o cruzamento dos datos existentes con algúns outros para poder facer un chisco máis complexo este traballo.


Onde si que habería que facer un axuste é na táboa, pois a…


Me gusta
bottom of page