O tabaquismo en Italia e España
- Adrián Valiño Rodríguez
- 23 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Nesta cuarta práctica decidín facela relacionando os hábitos de consumo de tabaco dos cidadáns de Italia e de España. Paréceme interesante comparar ambos países xa que a cultura de ambos aseméllase moito en determinados aspectos relacionados co ocio. Para poder realizar o traballo, collín os datos do Instituto de Estadística de Italia que teñen unha páxina cómoda e intuitiva. No tocante aos datos españois proveñen do noso INE. Na infografia dos datos de Italia aparecen idades e sexos, na de España só idades.
Como curiosidade e creo que dato simbólico da situción similar que teñen ambos países co tabaquismo, cabe mencionar que en España, dos 55 aos 64 anos, entre fumadores actuais e ex fumadores, xúntanse mais dun 85%, o que quere decir que só o 15% desa franxa non caeu en ningún momento na adicción ao tabaquismo. Tras varias lexislaciones fronte a este fenómeno conseguiuse unha reducción importante pero os expertos alertan dunha nova suba, seguramente procedente da relaxación tras conseguir baixar as cifras. Deixo aquí as gráficas, espero que se comprendan con claridade.
ITALIA:
ESPAÑA:
Material utilizado:
Ambos traballos quedan un pouco curtos de datos. Especialmente no primeiro habería algo de marxe para meter algún país máis, aínda que se soluciona parcialmente cos grupos de idade.
A nivel de programación, habería que revisar o tamaño da ventá emerxente do gráfico de dispersión, xa que o feito de ser tan estreita fai que sexa complexo consultar ese gráfico secundario. Ademais, tocaría revisar a cor deste gráfico secundario, xa que vai un pouco por libre con respecto ao principal.