O rego do noso leite
- Noemi Fernández
- 6 oct 2022
- 1 Min. de lectura
O primeiro reto á hora de formular esta infografía foi atopar un deseño que integrara o conxunto da información e que ademais, estivera relacionado coa temática. Nese sentido a fórmula que serve de fío condutor entre os datos é a simulación dun cartón de leite, que leva integrados elementos característicos como un selo co nome da gandería ou un código de barras aproveitado para incluír a autoría.
Unha vez determinado o fondo, o seguinte desafío foi conseguir unha traxectoria para situar cada un dos pasos do proceso, pois ningún dos elementos ofrecidos por Canva se adaptaba ao meu deseño. En consecuencia, foi necesario crear a traxectoria a partir dun só elemento que fun repetindo e adaptando ás necesidades.
Finalmente e logo de engadir toda a información quedaron espazos baleiros nos que decidín incluír datos do proceso a través dunha tipografía que encadrara coa fórmula do cartón de leite, o que supuxo modificar tamén a tipografía do encabezado.
Está case case perfecta, pois tan só nos faltaría fixarnos en tres puntos moi pequenos. Se te fixas, a infografía tira un chisco cara a esquerda, pois a maior parte dos elementos estarían orientados cara a esa metade do traballo. Hai algúns puntos como o da "Saída das nosas instalacións", que che permitían levar un pouco máis de peso ao outro lado, limitando unha pequena "zona morta" que queda por aí.
En segundo lugar, este traballo daría pé a outorgarlle un chisco máis de tamaño ás iconas e incluso aos textos. En parte isto chega grazas ao que mencionaba anteriormente da existencia de bastantes zonas en branco. Non é un traballo moi recargado, polo que poderías xogar cun pouco máis…