O turismo masivo encarece o prezo do solo español
- laurafernandezalon0
- 23 dic 2022
- 2 Min. de lectura
A idea para esta práctica foi a de investigar e dar a coñecer a situación actual do solo español, é dicir, dentro de que prezos se move dependendo do punto do país no que nos situemos. Así, accedín á páxina do INE e atopei información sobre as estatísticas do prezo do solo que ofrece o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Para que as catro pezas foran distintas decidín centrarme en distintos aspectos partindo dos mesmo datos: situación xeral do solo do país, situación na área mediterránea, situación na área cantábrica (coa finalidade de comparar datos do norte e do sur) e a situación daquelas provincias co prezo máis baixo.
En primeiro lugar, no mapa coroplético, considero que o resultado foi o que esperaba, xa que o contraste entre as cores aporta claridade nos datos. Ademais, nos comentarios engadín os datos do ano 2020 para que aquel que o queira poida comparar os últimos datos cos do seu ano anterior.
Na táboa, decidín centrarme nos datos da área mediterránea co fin de amosar o impacto e suba de prezo nas zonas máis atractivas para os turistas, tanto de fóra como do propio país.
Para comparar co anterior, no gráfico decanteime pola zona norte do Cantábrico para observar a outra cara da moeda. Dese xeito podemos observar a gran variación dos prezos debido, en gran parte, á influencia do turismo masivo no sur.
No caso do mapa de burbullas optei por centrarme nun tema que penso que pode importar e chamar a atención do público español que estea interesado en comprar solo. Así, decidín representar os datos das 10 provincias onde o chan está máis barato, dándose a coincidencia de que todas se atopan cerca da submeseta norte.
A continuación deixo as catro pezas e os seus datos orixinais, así coma os procesados.
No mapa coroplético non podo dicir nada á hora de sinalar puntos de mellora, tan só felicitarte polo resultado obtido, que é magnífico. A escala de cor é clara, o traballo cos datos é bo e a edición tanto da ventá emerxente como do título e subtítulo é de 10. Noraboa!
A táboa está tamén ben montada. Aquí tan só sinalaría a opción de presentar os datos xa clasificados de maior a menor para ter o ranking do prezo do solo cun primeiro golpe, especialmente pensando en que este material puidera ser consultado dende un dispositivo móbil.
E no gráfico, máis do mesmo, pois está perfectamente executado. Ben no relativo á presentación dos datos e ben tamén ese apoio na…