O paro e o abandono escolar en Europa
- Mateo Alvarellos Docampo
- 26 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Un dos grandes problemas que afectan á xeventude é a falta de ganas de estudar, xa sexa por motivos persoais, familiares ou laborais. Nos últimos anos as cifras mudaron nos países do continente e máis na Unión Europea. Hai que ter en conta que unha formación académica pobre acarrea unha situación económica mala, sendo o paro outro dos grandes problemas. Para iso, decidín elaborar un gráfico con catro países e máis a Unión para observar estes datos do ano 2021.
Tamén elaborei un gráfico no que se comparan os datos do paro dos anos 2017, 2019 e 2021 destes mesmos países.
Faltarían tanto o título como a autoría e a fonte para ambos materiais. Ollo con estas cousas, que non deben faltar neste tipo de produtos. Despois, no de xerarquía temos un erro de programación, pois cando traballamos con porcenaxes temos que facer que o popup só se amose no último dos niveis. De non facelo estes súmanse, achegando datos que non son reais.
No de dispersión hai unha boa presentación, pero falta moita edición na ventá emerxente e tamén no eixe X, onde sería convinte poñer a porcentaxe ao carón das etiquetas dese eixe.