top of page

O ocio nocturno en Santiago

Para esta terceira práctica decidín centrarme na zona de Santiago de Compostela e situar algúns dos seus principais lugares de ocio nocturno.


Debido ó descoñecemento desta ferramenta, tiven certas dificultades á hora de realizar o traballo mentres non me familiarizaba coas súas funcións. En especial, custoume engadir os iconos, porque finalmente optei por utilizar un único modelo para todas as localizacións, pero nun principio pensara en engadir varios diferentes e plasmalo nunha lenda, dividindo os locais en "zona nova" e "zona vella". Porén, optei polo que dixen e o resultado final foi o seguinte:



1 comentario


Está ben formulado, aínda que lle faltan uns cantos minutiños extra para pulir unhas cantas cousas. Estaría ben ter diferentes iconas, xa que non todos os locais teñen a mesma natureza exactamente. Isto permítenos clasificalos de xeito visual e tamén limitar as dificultades que nos chegan do feito de que estean todos tan xuntos (como é lóxico). No terreo do contido, faltaría por dividir un chisco máis a información e completar con algúns elementos presentados de xeito esquemático e que fosen comúns a todos os locais, podendo así etiquetalos conforme a estas ideas. A nivel visual, creo que sobraría tamén ese mapa interno, xa que aquí situar Santiago no mundo non é tan relevante. Tamén quedaría por explorar esa división…

Me gusta
bottom of page