O mundial máis especial da historia de SMITE
- Manuel García
- 15 ene 2023
- 3 Min. de lectura
O videoxogo de acción MOBA en terceira persoa, SMITE, cumpre 10 anos e faino celebrando o anual Smite World Championship. Esta edición terá lugar no Esports Stadium Arlington in Arlington, Texas, entre o 13 e 15 de xaneiro.

Despois dun longo e esgotador camiño de clasificación, oito equipos entraron no cadro principal do Campionato do Mundo SMITE da season 9. Este evento do celebrarase do 13 ao 15 de xaneiro de 2023 no Esports Stadium Arlington en Arlington, Texas. Este será o evento no que se decidirá a escena competitiva deste tempada e no que se anunciarán as novidades que introducirá o xogo para celebrar o décimo aniversario.
Que equipos se clasificaron para a fase final?
Deste xeito, 6 dos 8 equipos que participan no mundial pertencen á competición máis importante e profesionalizada do moba: a SMITE Pro League (SPL). Esta liga está formada por oito equipos nos que se xuntan os mellores talentos e xogadores do mundo, pese a que soamente se disputa nos Estados Unidos.
O formato da competición baséase nunha liga na que se enfrontan todos os equipos dúas veces. Ao mesmo tempo, a liga divídese en tres fases ou splits que se corresponden coas actualizacións máis importantes do xogo durante o que dura a tempada.
Os primeiros clasificados deste último split foron os Atlantis Leviathans. Este foi o equipo gañador do mundial pasado, polo que se atopan aínda nun estado de forma espectacular para revalidar o seu título.
Por outra parte, ao final de cada split celébranse competicións como os Springs Masters ou Summer Masters, nas que ademais dos equipos da SPL, participan conxuntos do SMITE Challenger Circuit (SCC).
O SCC é o circuíto competitivo semiprofesional no MOBA. Conta con 12 aspirantes a equipos profesionais (6 de NA, 6 da EU) que compiten semanalmente coa esperanza de abrirse camiño ata a SMITE Pro League. Desta competición, é de onde proceden os dous equipos restantes que participan nesta edición do mundial: Hex Mambo e Highland Ravens. Neste caso os dous equipos pertencen á división europea.
Esta "segunda división" concíbese como a porta de entrada á SPL. Sen embargo, para algúns xogadores é unha forma de retirarse da primeira escena competitiva sen abandonar o xogo definitivamente. É o caso de Deathwalker ou Trixtank, que xa participaron en múltiples ocasións nos mundiais de Smite e que, na actualidade, son o solo laner e o support respectivamente de Hex Mambo.
Un caso único
Sen embargo, o xogador que protagoniza a historia máis emocionante desta edición do mundial é o jungler de Highland Ravens. Trátase de Adapting, o considerado mellor xogador do mundo. Adapting xa gañou o mundial en dúas ocasións (2016 e 2017) e retirouse da competición principal no ano 2020, adentrándose na competición semiprofesional. Nestes últimos anos comezou unha carreira como streamer, cuxo contido se basea en xogar rankeds en SMITE.
Sen embargo, a finais de 2021 regresou e fíxoo por todo o alto, conseguindo unha máis que difícil clasificación ao SMITE World Championship xunto co seu equipo.
A única meta que lle falta a Adapting por cumprir é a de gañar o MVP na final deste torneo. Aínda que a misión é máis que complicada, se hai alguén que o pode facer ese é Adapting.
O Mundial en cifras
Nesta edición o SMITE World Championship reparte 415.000$ en premios que se dividen da seguinte forma. O equipo gañador recibirá 300.000$, o segundo 75.000$ e o terceiro e cuarto recibirán 20.000$. Desta forma, os equipos que queden eliminados en cuartos de final, non recibirán ningún premio.
SMITE, a diferenza doutros mobas populares como o LoL e o Dota 2 non é un xogo mainstream, o que se radica na cantidade de xogadores mensuais que ten: arredor dos 10.000 na plataforma Steam. No caso do League of Legends os datos máis recentes indican que hai arredor de 124 millóns de contas activas e Dota 2 supera os 450.000 xogadores ao mes. É por iso que existe unha diferenza notable nos premios económicos dos principais torneos de cada un dos videoxogos.
Estes datos non fan máis que reflexar o considerable esforzo que leva a cabo a empresa produtora de Smite, Hi-Rez, para facer atractivo o panorama competitivo e chamar a atención de novos xogadores. Sen dúbida, esta edición do mundial ten todos os alicientes para ser unha das mellores da historia.
Na redacción habería que evitar os parágrafos tan curtos ou parágrafos-oración, pois iso facilita a comunicación das ideas.
Os materiais visuais están ben integrados a través da gama cromática elixida. As infografías están ben elaboradas e o gráfico de dispersión tamén. Son materiais sinxelos, pero o certo é que están perfectamente integrados no relato e conseguen sumar á narración creada. Habería certa marxe para unha maior complexidade, pero o presentado está ben resolto. Noraboa!