top of page

O impacto do Coronavirus nos presupostos sanitarios

Nesta práctica o máis complicado foi escoller unha serie de datos que se puideran presentar de forma atractiva para crear un fío condutor. Limpar os datos e presentalos intelixibles foi o que máis tempo me levou, pois a magnitude dos datos (en miles de millóns, miles de euros ou en cifras relativas como as da táboa) dificultaba deseñar uns gráficos sen cifras desorbitadas, sobre todo tendo en conta que Datawrapper non deixa poñer separador de miles.

A liña estética fluctúa entre un azul suave e un verde oscuro. Intentei que foran cores non demasiado rechamantes e que tiveran algún tipo de relación co mundo sanitario, como penso que son estas dúas.


Estes son os datos do Ministerio de Sanidade: https://www.sanidad.gob.es/estadEstudios/estadisticas/inforRecopilaciones/recursosEconomicos.htm


Este é o arquivo en ODS:





1 comentario


Ben traballado. Hai un bo traballo cos datos e unha boa presentación. As formas gráficas elixidas son correctas e hai unha boa xestión da cor.


No relativo ao mapa, que era o que máis espazo para a complicación podería ofrecer, está ben resolto e hai unha boa edición da ventá emerxente.


Como espazo para a mellora sinalaría só o feito de poder poñer o espazo de visualización en galego (preséntase en español), para que así coincida co idioma empregado para os materiais realizados.


Ben traballado!

Me gusta
bottom of page