O futuro da moda sostible
- Iago Castro
- 6 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Con esta infografía pretendía contar por enriba, en que consiste a moda feita a partir de materiais reciclados.
Cando empecei a facela, foime difícil escoller entre toda a información que había e tamén decidir que era o que en verdade quería contar nela. Ademais, unha vez que a tiña case rematada, tiven que facer algúns cambios na parte técnica e ao principio custoume atopar algún dos elementos que empreguei, porque os sacara dunha plantilla, para facer os cambios que tiña que facer.
Como tendencia xeral, dicir que as cores elixidas traballan ben en conxunto, aínda que se podería axustar un chisco máis a eses detalles que entran como imaxe na parte superior e inferior nunha cor "area". Con todo, case case funciona á perfección.
Onde si que nos toca facer unha revisión é na parte de presentación do texto. En cantidade é axeitado, pois non temos a sensación de estar ante bloques moi extensos. Porén, no relativo ao aliñamento destes textos si que temos que facer un esforzo extra. Hai algúns que enchen case todo o cadro (coma o penúltimo), mentres que outros quedan a 1,5 cm do borde ("Reciclaxe doutros materiais..."). Aquí o ideal sería establecer unha norma ("o texto chega…