top of page

O emprego xuvenil na UE e os ciclos de FP con máis alumnado en España

Para esta cuarta práctica, optei por traballar coa temática do emprego xuvenil na UE e uníndoa coas ramas formativas que máis alumnado matriculado teñen en FP Superior en España.


Deste xeito, elaborei o gráfico de xerarquía cos datos de Eurostat, sobre o emprego xuvenil por sexo, idade e nivel formativo; quedándome só coas porcentaxes totais por sexo de empregabilidade xuvenil en todos os países da UE dos últimos dous anos que hai rexistros (2020 e 2021). A escolla dos totais por sexo en todos os países da UE débese a que é interesante comparar non só cal é a situación de España con respecto a outros países mediterráneos, senón tamén a diferenza (ou non) entre a empregabilidade xuvenil nos países nórdicos e nos do sur de Europa. A escolla de separar por sexo pretende dar idea de se, tamén no acceso ó emprego en idades mozas, hai ou non o (por desgraza famoso) teito de cristal.


Velaquí os datos orixinais:


E os datos que empreguei para realizar o gráfico de xerarquía:


Por outra banda, para o gráfico de dispersión escollín os datos do Ministerio de Educación e Formación Profesional (EDUCAbase) de Alumnado matriculado en Ciclos Formativos de FP Grao Superior por sexo, familia profesional, réxime e idade, dentro do cal quedeime coa variábel da familia profesional para facer o gráfico; pero para dar información extra, facendo hover por enriba dos puntos podemos ver a información diferenciada por sexo.

Velaquí os datos en bruto:


E os datos en limpo (prácticamente iguais, os cambios de idioma fíxenos no propio Flourish):



Escollín entón un gráfico de xerarquía de tipo radial, que me permite amosar visualmente os a realidade do emprego xuvenil nos distintos países da UE. Por un lado e en cor verde, os datos de 2020 separados por sexo. Ao lado dereito, en cor vermella, os datos do 2021, tamén separados por sexo. Ao clicar nalgún dos dous anos, podemos obter un gráfico de xerarquía radial só cos datos dese ano, separados novamente, por sexo. Se dentro deste, cliclamos nun dos sexos, filtrará os datos só para ese ano e só para ese sexo. Desta maneira, se o gráfico xeral podía servir para radiografiar cunha ollada cales son os países con maior empregabilidade e se se mantiveron ou houbo cambios notables de 2020 a 2021, as diferentes opcións de navegabilidade dannos datos máis restrinxidos a algunha das variables. Ademais, se facemos hover enriba dalgunha das barras, desagregaranos unha información na que se destaca se a empregabilidade nese país é maior en homes ou en mulleres, unha información que fun metendo a man no propio Flourish.


Por outra banda, temos o gráfico de dispersión, no que ademais de xogar coa gama de cores para representar a maior ou menor taxa de alumnado en cada unha das ramas. Ademais, como son moitas as familias profesionais e non todas quedan visibles, engadín un buscador, na que podemos ver todas as ramas representadas, ou só algunha delas. Ao facer hover nos puntos, como xa dixen, podemos ver desagregados os datos por sexo de alumnado para o curso referido, 2020-2021.


Este traballo resultoume máis complicado ca os anteriores, xa que a escolma de datos en Eurostat por unha parte, foime máis complexa. Tamén porque non todos os países tiñan datos para todos os anos, o que desvirtuaba a gráfica se quedaban cunha rama a 0, polo que optei por non poñelas neses casos. Por outra banda, o volume de datos no gráfico de xerarquía, ó dividir cada país primeiramente por ano e logo por sexo, facía que o traballo de limpeza e preparación dos datos fora moito maior do que eu agardaba. Ao mesmo tempo, atopar unha forma que me convencese de representalos no gráfico radial foi complexo, e intentei optar pola sinxeleza e a facilidade visual para poder buscalos, con só dous cores e ordenadamente por variables.


Velaí van!





1 comentario


O de xerarquía é moi moi visual e está moi ben executado. Ben de traballo cos datos e ben de programación, sen erros. Como posible punto para a mellora sinalaría a posibilidade de situar sempre o símbolo "%" a carón do número ao que fai referencia, para facilitar a consulta dos datos. Fóra diso, espectacular!


No de dispersión hai un bo traballo cos datos e un moi bo traballo de programación do gráfico. Só te convidaría a facer un axuste na escala de cor, pois dada a natureza dos datos seguramente sería mellor algo lineal que por intervalos. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page