O elevado desemprego e a caída da natalidade van da man
- iriafernandezcalvo
- 13 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Para esta práctica decidín mostrar a relación entre os factores socioeconómicos e a taxa de natalidade dun territorio determinado. Neste caso, optei polo número de nacementos por mil habitantes nas distintas Comunidades e Cidades Autónomas de España. Estes datos extraínos do Instituto Nacional de Estatística e empregueinos no gráfico de dispersión. Ademais, ao premer en cada un dos puntos, ábrese un popup que inclúe outro gráfico coa evolución da natalidade no Estado español entre o 2011 e o 2021.
Por outro lado, para o gráfico de xerarquía botei man duns datos proporcionados pola Eurostat. Recolle a taxa de paro xuvenil, cunha distinción entre homes e mulleres, de distintos países que forman parte da Unión Europea. Os territorios que seleccionei foron os seguintes: España, Portugal, Francia, Italia, Alemaña e Grecia.
Deste xeito, o meu obxectivo era relacionar o elevado número de parados entre a xuventude de Europa (sobre todo, de España) coa tendencia descendente da cantidade nacementos. Evidentemente, existen outros factores, como poden ser os culturais, que poden influír nestas cifras. Así e todo, neste caso decidín centrarme en como pode afectar o desemprego á taxa de natalidade.
Un dos problemas cos que me atopei durante a elaboración desta cuarta práctica está relacionado co gráfico de dispersión. Os datos orixinais do INE, nos que se recollen os nacementos tendo en conta os territorios, non contaba coa evolución anual incluída nos popups. Entón tiven que buscar esa información por separado na mesma páxina web.
Gráfico de xerarquía:
Gráfico de dispersión:
Datos empregados:
En primeiro lugar, cómpre aclarar que estes tres documentos de Excel proveñen do mesmo conxunto de datos do Eurostat. Con todo, descargueinos por separado, seleccionando de cada vez un parámetro distinto (total, homes e mulleres).
Por outro lado, estes foron os datos empregados do INE:
No de xerarquía faltaríanos algunha categoría máis na que agrupar os datos para, así, poder eliminar o último nivel (no que só temos a cifra) e vinculalo ao anterio, tomando así o tamaño en función da porcentaxe. Polo demais, a programación está ben conseguida.
No de dispersión hai un moi bo traballo cos datos e tamén no terreo da programación. Só faltaría por revisar o tamaño da ventá emerxente, pois hai puntos nos que non consegue consultarse por completo debido ao tamaño en vertical do gráfico secundario. Reducir este tamaño podería axudar neste punto. Ben traballado!