O 2022 rematou co paro xuvenil á alza en España
- sabrinapl1444
- 14 ene 2023
- 3 Min. de lectura
Os menores de 25 anos sofren cada vez máis as consecuencias da crise cun descenso da ocupación que afecta, principalmente, ás mulleres e ás comunidades do sur do país. España remata o ano coa taxa de desemprego xuvenil máis alta de Europa.

Imaxe de Wix.
O SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) vén de publicar a súa enquisa mensual sobre as cifras do paro no país. Neste novo informe os menores de vinte e cinco anos volven ser os protagonistas, porque a desocupación nesta franxa de idade medra mes a mes. Concretamente, decembro acadou os 195.751 parados nesta franxa de idade (menores de 25 anos). Estas cifras adoitan ser máis altas entre as mulleres que os homes, que son as que máis sofren as consecuencias do desemprego.
Co 2023 recén estreado é difícil facer un balance completo, pero os primeiros datos indican que o pasado ano segue a tendencia dos anteriores no que se refire ó desemprego e, é que aínda que nalgúns meses as cifras do paro son máis baixas, a tendencia amosa unha subida. Non é posible avaliar neste momento como foi o ano en conxunto porque aínda non son públicos os datos da última EPA (enquisa de poboación activa), pero o certo é que a tendencia é bastante alta se comparamos os tres trimestres do ano 2022 co seu precedente, o 2021.
Estes datos sitúan de novo España como a cabeza do desemprego xuvenil en Europa, tendo unhas cifras, segundo Euroestat, por enriba da media europea. Nesta gráfica compáranse as cifras do noso país con outros catro da Unión Europea e que teñen características similares e vese claramente, que entre os meses de abril a setembro do 2022 as nosas fronteiras posuían máis mozos desempregados que o resto de países.
O foco do desemprego está nas mulleres, concretamente no sur de España
Exceptuando algún mes en concreto, tal e como se ve na enquisa do SEPE, as mulleres adoitan ser as que máis frecuentan a oficina do paro; xa que os datos da última EPA amosan que en todas as Comunidades Autónomas as mulleres rexistran unhas taxas de desemprego máis altas que as dos homes. Cabe destacar que no País Vasco esta diferencia é moito menor e case non se rexistran diferenzas nas cifras; non obstante, noutros lugares como Castela a Mancha, o resultado é completamente diferente e hai unha gran separación entre os homes parados e as mulleres na mesma situación.
Se facemos un promedio dos tres primeiros trimestres do ano 2022 en España e analizamos cada Comunidade Autónoma chama a atención que, a medida que baixamos cara ó sur é onde máis aumenta a cifra de mozos e mozas en paro. Andalucía, as Illas Canarias ou as cidades de Ceuta e Melilla rexistran as taxas máis altas, nalqúns casos chegando a superar o 55% de parados entre os menores de vinte e cinco anos.
Posibles causas e solucións a esta problemática
As cifras xeran preocupación na sociedade, entre os políticos e tamén nos sindicatos. Esta tendencia non é nova e, como xa se dixo, vai en aumento cada ano. O sindicato UGT, concretamente a súa formación xuvenil RUGE, destacaba que unha das solucións para este problema pasa por mellorar as condicións de traballo, "Non se trata unicamente de se sobe ou baixa o paro xuvenil, son o tipo de contrato e o soldo que se ofrece, que sexan condicións dignas", explicaba o seu portavoz Miguel Rodríguez ó xornal 20Minutos.
A esta causa súmanse outras como é o caso da temporalidade, algo que pode estar relacionado coas comunidades que rexistran as taxas máis altas de desemprego e que adoitan ter máis traballo estacional. Por iso mesmo, dende o Banco de España (segundo recollen no diario 20Minutos), abogan por reducir a temporalidade como algo positivo para mellorar a empregabilidade dos máis novos.
Para poder entender como é a situación e as posibles solucións, realizamos esta gráfica que recolle os principais problemas cos que se atopan os mozos cando van a pedir traballo e cales son as solucións polas que máis optan para poder saír adiante.
Hai un moi bo traballo na creación dunha liña cromática que che permite conectar todos os materiais gráficos elaborados. No segundo gráfico (o de Flourish) viría ben mudar o sentido das etiquetas para facilitar a súa lectura, xa que o ancho das barras permitiría facelo. Ademais, hai un erro na fonte, que sería Eurostat. No de dispersión sería convinte deixar que se activase a ventá emerxente para ter a cifra exacta de cada punto, xa que así só temos unha estimación pola posición que ocupa. O mapa de Datawrapper está moi ben traballado e cunha escala de cor clara e a infografía tamén está ben formulada, aínda que si que é certo que temos algo de exceso de aire entre…