top of page

Número de salas de cinema nas provincias galegas (2011-2021)

A evolución da cantidade de salas de cinema que hai en cada unha das catro provincias galegas na última década centra o meu traballo. O único pequeno cinema que queda na miña contorna mudou de propietarios recentemente e parece que comeza a levantar cabeza logo de anos en declive, e a sala na que vin a miña primeira película pechou hai xa case dúas décadas. Preguntábame se o que pasa na miña vila é a norma, e se é certo iso que se di ás veces de que as plataformas de vídeo baixo demanda van pechar as portas dos cinemas que quedan.


Para delimitar a mostra escollín a última década, primeiro porque quería unha radiografía da situación o máis actual posible (os últimos datos son do pasado ano) e segundo porque quería que as cifras fosen posteriores ao comezo da crise económica de 2008. Pensei que se os datos comezasen antes dese ano podía verse un descenso do número das salas moi dramático, que realmente se correspondería co peche de moitos establecementos comerciais, e non co estado real do sector das salas de exhibición.


As maiores dificultades que atopei están relacionadas co mapa. Os meus datos eran só para catro provincias, polo que tiven que darlle unha volta e engadir algúns comentarios para enriquecelo e que non se vise tan pobre.










1 comentario


O traballo cos datos é bo, aínda que nos falta por facer algún que outro axuste final en termos de cor. Nesta práctica tocábanos explorar un chisco máis alá da paleta de cor predefinida de Datawrapper, tentando facela algo máis nosa. Aquí faltounos ter as túas cores e non as que xa nos ofrecía a aplicación por defecto.


Ademais, na táboa pódese prescindir desa lenda de cor, xa que cada un dos cadros de cor ten asociada a cantidade de cines, polo que non nos fai falta consultala e é un elemento que está a consumir espazo sen aportar un verdadeiro extra.


No mapa hai unha boa programación da ventá emerxente, pero faltaría por afinar a puntuación na mesma e…


Me gusta
bottom of page