top of page

Niveis de educación e abandono escolar

Nesta cuarta práctica escollín como temática xeral a educación, elaborando por unha banda un gráfico de xerarquía no que analizar o peso dos distintos niveis de educación en países semellantes da Unión Europea (Francia, España e Alemaña) e a súa representación por sexo. E por outra banda, en conexión con esta información, un gráfico de dispersión no que se reflexa o porcentaxe de abandono educativo temperán da poboación entre 18 e 24 anos en España (por comunidades autónomas).


O primeiro reto nesta práctica foi atopar os datos axeitados para facela, especialmente para o gráfico de xerarquía, xa que no meu caso foron os datos que tomei dunha fonte internacional, Eurostat, a cal descoñecía e supuxo unha dificultade engadida entender o seu funcionamento e extraer datos válidos. Neste tipo de información debía ter en conta o tamaño do países para poder comparar as súas situacións particulares, o que me levou a facer múltiples buscas para ir axeitando a pertinencia dos valores escollidos.


Unha vez superado ese desafío o desenvolvemento da práctica foi collendo ritmo e facéndose máis sinxelo, pois o funcionamento de Flourish xa o coñecía en certa medida e estaba familiarizada coa forma de introducir os datos e modificar os parámetros necesarios.


No caso do gráfico de dispersión presentáronse menos dificultades ao ser consciente do contexto e das necesidades dos datos, e tamén por ter xa o coñecemento suficiente para traballar coa ferramenta Flourish. As únicas modificacións significantes que tiven que facer neste sentido estiveron relacionadas con cuestións estéticas, que non supuxeron maior dificultade.








1 comentario


Pois todo o presentado está excelente. Só faltarían dúas correccións moi pequenas. En ambos faltaría modificar o idioma da parte da fonte (aparece "Source"). Despois, no de dispersión, habería que reducir un chisco o tamaño vertical do gráfico do popup para facilitar a consulta deste elemento. Pero fóra destas dúas cousas mínimas só queda dicir que están excelentes. Noraboa!!

Me gusta
bottom of page