top of page

Music of the Spheres World Tour 2022

Para esta práctica decidín escoller como tema a xira que está a realizar Coldplay con motivo do seu último disco: Music of the Spheres. Máis concretamente, optei por representar os lugares das datas encadradas no ano 2022.


Desta maneira, exponse un mapa global onde se poden ver os marcadores que sinalan os distintos lugares onde fixeron concertos o ano pasado e que se reparten por tres zonas xeográficas: Estados Unidos, Lationamérica e Europa. Aproveitei este factor para que os símbolos fosen igual para todos os concertos da mesma rexión, o cal está indicado na lenda do mapa.


Por outro lado, respecto aos pop-ups, neles a información que se pode atopar é: a cidade onde se realizou o concerto, o estadio, datas e un link para máis información sobre o evento. Así mesmo, tamén inclúe o logotipo da xira.


Ademais, intentei que o mapa e todos os seus elementos tievesen a mesma gama de cores e estética que a xira, polo que hai un predominio de azuis e morados escuros con detalles en cores máis vivas. Este foi un dos factores máis complicados á hora de realizar o mapa, pois ao poñer este e os pop-ups en cores escuras, tiven que atopar tons que contrastasen algo entre si.


Por último, outro dos factores co que máis problemas tiven foi á hora de engadir imaxes, pois nun prinicipio nos pop-ups ía haber unha imaxe de cada estadio, pero atopeime con varios problemas: algunhas fotos non se recoñecían, non todas cadraban ben no tamaño do pop-up e non todos os estadios tiñan imaxes de calidade. Por todo isto, finalmente decidín poñer o logotipo común para todos os pop-ups e, persoalmente, creo que queda estéticamente mellor.


A continuación, a visualización:




1 comentario


De programación está ben e non hai erros. Onde nos tocaría facer unha revisión é, por un lado, na parte visual. Tocaría revisar a cor do mapa de base, que é moi pontente e cómese algúns dos elementos que temos sobre el. No terreo do contido faltaría a autoría e sería tamén recomendable un título para o mapa, para que puidera funcionar como unha unidade independente. Tamén dentro das ventás emerxentes hai moita presenza da imaxe corporativa da xira, á que habería que reducirlle un chisco o tamaño e mesmo se podería optar por ofrecer imaxes diferentes para cada ventá, aportando así un extra.

Me gusta
bottom of page