Lugares pouco coñecidos do Concello de Teo
- Iago Castro
- 5 dic 2022
- 1 Min. de lectura
O Concello de Teo conta con diferentes lugares de interese turístico que son coñecidos fóra das fronteiras municipais, pero tamén existen nel recunchos segredos ou pouco coñecidos, incluso polos propios habitantes do concello. Para dalos a coñecer, decidín elaborar un mapa que reunise algúns deles nesta terceira práctica.
Na elaboración deste mapa, atopeime con algúns problemas á hora de facelo. O principal problema foi a busca dos lugares, pois cando comezamos a facer a práctica, pensaba que me ía resultar máis fácil atopalos, e que os atoparía facilmente. Iso foi o que máis me custou. Tamén tiven que redimensionar ben as imaxes para que os iconos de localización sobre o mapa quedaran todos iguais, máis ou menos. Tamén me custou atopar algunhas das fotos que empreguei, pero ao final e depois de moito rebuscar, atopeinas.
Pois está case case case perfecto. Ben de programación, aínda que nos quedaría por explorar a posibilidade de facer categorías e agrupalas nun menú. Está moi ben de contido e ben tamén nos elementos visuais, aínda que neste punto tocaría revisar as diferencias de tamaño que hai entre algúns dos marcadores. Ben traballado!