top of page

Las sociedades mercantiles en España

O obxectivo desta práctica era representar unha serie de datos (que tivesen base xeográfica) a través de tres elementos gráficos: un mapa, unha táboa e un gráfico. A primeira decisión que tiven que tomar foi a de elixir o tema que quería representar. Cando empecei a facela non tiña ningún tema pensado, así que accedín ao Instituto Nacional de Estadística e atopei a serie de sociedades mercantís constituidas en España e pareceume un tema moi interesante e que cumpría o requisito de ter unha base xeográfica para poder facer o mapa.


Unha vez que tiven o tema, o segundo paso foi o de limpar os datos, tendo en conta que quería contar en cada elemento gráfico. Aínda que non me resultou excesivamente complexo, si que foi un proceso laborioso e no que había que prestar moita atención para evitar posibles erros.


Por último, xa no que se refire a edición en Dattawrapper considero que o máis difícil foi traballar co mapa, sobre todo á hora de establecer a paleta de cor. A gama de cor escollida para o mapa tamén foi empregada nos dous elementos restantes para darlle continuidade ao proxecto.









1 comentario


Nada que comentar, xa que os tres materiais están perfectamente traballados. Ben no relativo á extracción e presentación dos datos, ben elixidas as formas gráficas e moi ben traballado no terreo da cor.


No mapa, que era o que podía ter unha pouca máis de complexidade, tamén está todo perfectamente resolto e hai unha moi boa edición da ventá emerxente. Iso si, nela tamén debemos ter en conta todo o relativo ás normas de puntuación. Só para que o teñas en conta no futuro.


Moi ben traballado!!

Me gusta
bottom of page