top of page

La historia del 922928

O artista canario Cruz Cafuné sacará a final de ano o seu novo disco. Por este motivo, decidín facer unha infografía que resuma a súa traxectoria musical ademais de explicar a breve biografía do artista. O titular elixido representa unha das claves de Cruz Cafuné: 922928; este conxunto de díxitos son os prefixos telefónicos das Illas Canarias, elementos recorrentes nas súas cancións. Na infografía resúmense os comezos de Cruz Cafuné, os álbums que ten ata o momento publicados e tamén as cancións máis coñecidas de cada un dos seus álbums.


As dificultades que me atopei ao facer este traballo foron resumir tanta información e decidir cal era relevante para alguén que non coñeza ao cantante e que despois de ver a infografía poida ter unha idea xeral del. Outro dos problemas principais foi decidir a estética e o formato desta xa que non quería caer nun deseño aburrido e facer algo que represente correctamente a imaxe do propio artista.





1 comentario


De forma global, hai un bo traballo coas cores e a presentación está ben organizada en diferentes espazos nos que cada un traslada unha píldora de información. Ademais, visualmente eses espazos están ben delimitados, tanto polo tipo de elementos cos que contan como polos títulos empregados.


Como puntos para a mellora sinalaría fundamentalmente dous. En primeiro lugar habería que revisar o rol dese espazo de letra xusto despois do título. Se te fixas, ocupa unha porcentaxe bastante alta do espazo vertical da infografía, restándolle un certo peso a todo o que chega despois en termos de presenza. Tocaría facer unha nova lectura e ver como podemos comprimir eses elementos. Ademais, aí xa é texto corrido e tocaría poñerlle signos d…


Me gusta
bottom of page