top of page

Iago Aspas: unhas cores, un sentimento

Iago Aspas é a lenda viva máis grande da historia do RC Celta. O exemplo perfecto para definir o significado a palabra 'afouteza'.


Hai cousas que unicamente pasan unha vez na vida e, polo tanto, deben aproveitarse ao máximo. Iago Aspas é unha delas. Tamén coñecido como o xenio de Moaña ou o ‘Príncipe das bateas’, Iago é todo un referente, tanto para nenos como para adultos.


Todo comezou cunha pequena mentira na idade, xa que nas categorías inferiores soamente aceptaban nenos de 9 anos ou máis, mentres que el tiña oito, polo que dixo que tiña un ano máis e comezou a formar parte da entidade celeste. Co tempo, foron pasando os anos e os goles ata chegar ao punto no que se atopa hoxe en día: o máximo goleador da historia do RC Celta.



Unha lenda viva do conxunto ‘olívico’, que anotou máis de 190 goles, superando a Ramón Polo, Nolete, Hermidita, Gudelj ou Pahíño, entre outros. Ademais, este non foi o único logro que conseguiu nos últimos anos, senón que conta no seu haber con catro premios zarra (o premio ao máximo goleador español da Liga ese nunha tempada), igualando a David Villa como xogador con máis galardóns desta categoría no seu poder.


Unha viaxe con billete de volta

Tras a volta a Primeira e unha moi boa tempada no seu regreso á máxima categoría do fútbol español, o Liverpool apostou por Iago Aspas, quen se despediu do clube dos seus amores entre bágoas. Un ano case en blanco (soamente 15 partidos e 1 gol) propiciou a súa volta a España, en concreto, ao Sevilla. Non obstante, as cousas non foron a mellor e, a pesar de anotar dez tantos en 25 partidos, nunca foi un habitual no esquema de Unai Emery, algo que o acabou desesperando. O seu exadestrador recoñeceu recentemente que fora inxusto con el durante súa etapa no Sevilla.



O ano seguinte, na tempada 2015/2016, acabou regresando ao que sempre foi, e sempre será, a súa casa: Vigo. Ese mesmo ano anotou 18 tantos e foi un indiscutible nas alineacións do clube galego, conseguindo, ademais, a clasificación á Europa League. O ano seguinte bateu todos os récords e anotou 26 goles en 49 partidos, levando ao seu equipo ás semifinais da competición continental. A partir de aí, encadeou unhas moi boas tempadas e alzou o seu nome ata chegar á categoría de “lenda” do clube.


Números notables coa selección

As boas actuacións co seu clube tiveron recompensa e obtivo a chamada do seleccionador, Julen Lopetegui, para xogar un par de partidos amistosos. O debut foi inmellorable, xa que cun resultado de 2-0 en contra, Iago silenciou Wembley cun auténtico golazo sacado da chistera. A selección acabaría por empatar ese partido. A raíz diso, foi un habitual nas convocatorias de Lopetegui, ata foi convocado ao Mundial de 2018 en Rusia. A súa actuación estivo á altura, xa que anotou o tanto que lle deu a clasificación aos oitavos de final da Copa do Mundo. Porén, aquí remataría o soño do artilleiro celeste, xa que os anfitrións leváronse o pase aos cuartos de final en penaltis.



Últimamente, Iago deixou de contar para a selección e a xente non acaba de comprender por que motivo segue sen ir convocado. Este respeto e admiración débese ao peligro que trae consigo o dianteiro de Moaña, dados os bos números que leva conseguindo, ano tras ano, coa camiseta do RC Celta. Mais non soamente con esta, xa que coa da selección anotou un total de 6 goles e deu 6 asistencias en 18 partidos.


Unha vida chea de aventuras

Este é o resumo dunha vida chea de emocións e de aventuras, de subidas e baixadas, de malas e boas novas, este é o resumo da vida da lenda celeste.


Cristian Romero Rodríguez

1 comentario


Realmente o conxunto está moi moi ben formulado. A nivel de relato está ben e os elementos gráficos realizados son pertinentes e moi axustados aos datos cos que contas. Ademais, a nivel cromático hai un moi bo traballo, polo que todo vai a unha.


En canto aos gráficos, só dous pequenos comentarios. No popup do gráfico de xerarquía mellor un "Goles" ca ese "Número", pois así queda máis claro de que vai o asunto. en todo momento. Na infografía final faltaría a túa sinatura e tamén axustar un pouco a posición dos elementos, xa que hai textos que están máis preto das imaxes e os anos que outros. Fóra diso hai un moi bo traballo. Noraboa!

Me gusta
bottom of page