Halloween Scary Nights na Warner
- Cristian Romero

- 25 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 22 nov 2022
Comeza a tempada de Halloween e, con ela, os mellores eventos do ano para moitos. A intención desta infografía foi proporcionar, a través dun tríptico, información máis detallada do evento propio do Parque Warner de Madrid, as 'Halloween Scary Nights'. Este contará con 7 pasaxes do terror, 4 scare zones e coas atraccións máis potentes de todo o parque.
Esta infografía foi realizada con Canva, xa que é unha ferramenta que xa utilizara e da que tiña coñecemento previo. A principal dificultade foi a adaptación de contidos a este formato. O idioma escollido foi o castelán, xa que é un produto que está deseñado para todo o territorio español, ao estar ubicado o parque na capital, en Madrid.
A distribución polo espazo é bastante boa, pero tocaría afinar un pouco os elementos presentados en terreos como a súa selección, cor e organización para que quedase ao 100%.
No terreo da cor, ese vermello entra a despistar un pouco e a romper unha liña que funcionaba correctamente entre esa cor máis alaranxada e o branco. Outra opción tería sido optar polo vermello, pois aparece no logotipo da marca coa que traballas.
En canto á tipografía, habería que facer tamén un axuste, xa que optas por tres diferentes: o "Entrada + Hotel" leva unha, o nome das experiencias ("IT Experience") leva outra e o texto explicativo outra máis. Ademais, a do nome das experiencias si que entra a romper co…