Hai un club de piragüismo para ti!
- Aldara Castro Meizoso
- 14 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 2 ene 2023
Neste traballo quixen amosar a cantidade, variedade e calidade de clubs de piragüismo das que gozamos en Galicia. Na miña infografía incluín 38 destes clubs, e desbotei aqueles equipos que, aínda que sei que teñen actividade, non teñen licencia pola Federación Galega de Piragüismo. Ademais, centreime nos clubs que teñen unha sección da modalidade de augas tranquilas, polo que non están incluídos os que só practican augas bravas ou kaiak polo, por exemplo.
Esta práctica levoume máis tempo do que pensaba porque atopei Flourish algo complexa. Penso que para entendela e poder facer o que verdadeiramente queiras tes que dedicar algo de tempo a "trastear" nela e a explorala, porque se non é moi fácil quedar atascado e desorientarse. En calquera caso, penso que é unha ferramenta moi completa, e tamén moi agradecida se lle dedicas tempo, porque ten moitísimas posibilidades que paga a pena explorar.
A nivel visual está ben resolto, con imaxes de calidade e pertinentes. No terreo da programación só sinalaría a posibilidade de crear categorías co seu correspondente menú, xa que indicas dous tipos diferentes de puntos (verdes e azuis). Iso axudaría á consulta da información. Finalmente, no relativo ao contido poderíase aportar algo de información "rápida" e a modo de tarxeta con cousas como o ano de fundación ou semellante, pois son comúns a todos os elementos do mapa. Fóra diso, ben traballado!