top of page

Goles no Mundial de Qatar 2022

Co Mundial xa comezado, decidín facer unha recapitulación e un reconto dos goles, tendo en conta os anotados a favor e os recibidos en contra, das diferentes seleccións participantes nesta Copa do Mundo de Qatar 2022.


Na primeira das táboas, a que ten o formato 'Hierarchy', analiza os goles a favor e en contra, tendo en conta a metade na que foron anotados, de todas as seleccións participantes neste Mundial (tomando como referencia as dúas primeiras xornadas da fase de grupos). Os datos foron recollidos manualmente, tendo en conta as estadísticas dos partidos en FlashScore.


Por outro lado, a segunda das táboas, co formato 'Scatter' (dispersión), céntrase nos goles totais das seleccións europeas participantes neste Mundial. Tamén se fai fincapé nos goles anotados a favor e os recibidos en contra. Os datos foron recollidos tamén manualmente, seleccionando entre os que se recabaran para facer a gráfica anterior.


As principais dificultades foron buscar, nun comezo, os temas para esta práctica e, unha vez escollidos, a cantidade de tempo empregada en buscar partido a partido os goles e a metade na que foron anotados.



'Hierarchy':



'Scatter' (Dispersión):


1 comentario


No terreo da programación nada que dicir, xa que ambos traballos están perfectamente executados. O que nos deixaría máis dúbidas sería esa mestura entre goles a favor e en contra, pois falar de goles totais lévanos sempre a pensar nos goles marcados. Esta sería unha mestura un pouco rara. Tocaría facer axustes nese sentido para facilitar a consulta da información. Fóra diso, ben traballado!

Me gusta
bottom of page