Fuga de cerebros en España
- Mateo Alvarellos Docampo
- 13 ene 2023
- 2 Min. de lectura
Se por algo é coñecida España o longo do mundo é pola increíble diáspora de cidadáns repartidos polo globo. Moitas son as persoas que nos tempos actuais marchan do país na busca de mellores condicións de traballo e vida, preferiblemente a países europeos, sendo Alemaña, Francia ou o Reino Unido os máis demandados.
Porén, hai anos a realidade era ben distinta. Aínda que moitas persoas escapaban cara Europa, a principal área de influencia foi América do Sur, coa Arxentina como principal receptor de cidadáns.

Como vemos na imaxe anterior, Arxentina destaca con bastante marxe sobre o resto de países, cun total de 480.159 españois residindo no país. Hai que matizar que isto non significa que todas estas persoas naceran en España e emigraran alí, se non que ademais dese motivo hai xente con ascendencia española condereito a reclamar a nacionalidade e a documentación.
O seguinte é o veciño Francia con case 300.000 españois dentro das súas fronteiras, seguido polos Estados Unidos, país ao que optan moitos españois pola gran calidade de vida. Completando este 'top cinco' temos a outros dous países da contorna europea, como son Alemaña e o Reino Unido, país que moitos inmigrantes, non só españois, barallaron abandonar por mor do Brexit e as posibles concecuencias da saída do Espazo Schengen e os problemas coas visas de residencia ou traballo.
Outra das rexións que acolle inmigrantes españois é o norte de África con países como Marrocos, Arxelia ou Tunisia como os que máis reciben. Isto débese ao ser os máis desenvoltos case do continente africano e ao ser os países de orixe de moitas persoas que chegan a España e anos máis tarde deciden retornar ao seu país de orixe.
Ademais destes países, son moitos os estados que acollen españois no mundo, como podemos ver no seguinte mapa con datos do INE:
Como se pode ver, a gran maioría de españois residen nos países latinos, como México, Venezuela, Colombia ou Chile, ademais dos xa mencionados. Outro dos estados con maior número de españois é Suíza, que comezou a destacar sobre os anos sesenta, cando aumentou a emigración cara Europa, e debido á alta calidade de vida do país helvético moitos emigrantes optaron por non regresar de xeito definitivo, polo que os seus descentes figuran como españois do mesmo xeito que seus pais.
Para ver como foi evolucionando este número convén comparalo cos datos totais dos últimos anos, como se pode ver neste gráfico con datos de EPData.
Apreciamos que dende que comezou a década pasada o número de españois no estranxeiro non para de ascender, o que pode indicar dous motivos: o aumento da natalidade entre persoas coa nacionalidade adquirida, ou que moitos españois están saíndo durante estes anos do país. O certo é que quedar un paso por detrás das principais potencias europeas en temas como o salario anual fai que moitos xóvenes opten por traballar incluso en empregos que aquí poderían ser precarios pero que no estranxeiro pagan cunha boa nómina.
A solución pasa por un maior empeño na retención desta xuventude que ás primeiras de cambio decide abandonar o país na busca dunha vida mellor fóra das súas fronteiras cando, de tomarse as decisións adecuadas e correctas, poderían facelo a escasos quilómetros das súas casas.
A peza está ben redactada e as formas gráficas están ben integradas. Iso si, fáltanos algo máis de traballo nelas. Faltaría aportar unidade cromática a todo o conxunto. Ademais, faltan títulos e fontes para os gráficos e tamén a autoría. Tamén habería que revisar a escala de cor do traballo en Datawrapper e o formato de presentación das unidades no de Flourish. En definitiva, aínda quedarían uns minutos de dedicación para que quedase ao 100%.