Eólicos si, pero así non
- iriafernandezcalvo
- 6 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Esta infografía ten como obxectivo mostrar as consecuencias dos novos proxectos de parques eólicos na comarca do Xallas. En concreto, a peza difundiríaa unha asociación ficticia chamada “Mazaricos Contra os Eólicos”.
Os problemas que fun atopando polo camiño foron, principalmente, relacionados coas cores, polo que tiven que botar man da ferramenta Adobe Color para solucionalos. Ao final, decanteime pola combinación de negro, vermello e branco para destacar máis os elementos que conforman a infografía.
Non máis eólicos de Iria Fernández
En liñas xerais está moi ben resolta en todos os terreos. No que respecta á cor, pouco que dicir, pois a gama escollida funciona á perfección e serve para dar o contraste oportuno en todo momento. No relativo á posición do texto e o resto de elementos que entran a formar parte do traballo, máis do mesmo, xa que as aliñacións son correctas, tanto dentro de cada un dos bloques presentados como no nivel máis xeral do conxunto.
Como punto para a exploración dunha posible mellora tan só sinalaría a opción de corrixir un pouco os textos en negro dos cadros que teñen o fondo branco. Ese xogo entre branco e negro fai que pareza que a letra neses textos…