top of page

Evolución do sector cultural en Europa

As miñas visualizacións mostran datos que fan referencia ao sector cultural europeo e español, de maneira que puidesen servir para un estudo sobre a evolución do mesmo analizando diversas variables, primeiro dende unha perspectiva máis xeral a nivel europeo e, posteriormente, concretando cara o sector nacional.


En primeiro lugar, atopamos dúas pezas elaboradas con datos obtidos en Eurostat e que expoñen o número de empresas culturales de cinco países europeos (España, Portugal, Francia, Italia e Alemania) no ano 2019. O excel empregado cos datos modificados é o seguinte:


Por outro lado, a última visualización fai só alusión a España e mostra datos sobre os principais indicadores de participación cultural en tres períodos de tempo: 2014-2015, 2018-2019 e 2021-2022. Os datos proveñen da Encuesta de Hábitos y Prácticas Culturales en España, elaborado polo Ministerio de Cultura e Deporte.


A continuación, adxunto o excel cos datos modificados e os tres documentos respectivos as enquisas dos períodos de tempo expostos na visualización:





As visualizacións son as seguintes:




1 comentario


No de xerarquía hai un bo traballo cos datos, aínda que si que é certo que van algo curtos de categorías. Faltaría afinar un pouco na presentación destes, xa que viría ben amosar un nivel máis para que así a audiencia coñecese que se trata de datos aniñados uns dentro dos outros xa dende a saída.


No de dispersión hai tamén un bo traballo cos datos, aínda que nos faltan un par de axustes que axudarían a mellorar a súa presentación. En primeiro lugar, quedaría algo de marxe para enriquecer a ventá emerxente. Ademais, é recomendable facer que figure o símbolo "%" ao carón daqueles números que trasladan porcentaxes. Así facilítase a lectura tanto do eixe X como dos datos…


Me gusta
bottom of page