Estudos universitarios en España e Europa
- Andrea López
- 26 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Nesta práctica quíxenme centrar na educación universitaria, no caso de España, e nos estudos terciarios, nalgúns dos países da Unión Europea, para facer un balance entre eles.
En España fixen un mapa en forma de dónut onde podemos observar a porcentaxe de paro que teñen os graduados, separados en sexo, nas distintas modalidades de estudos universitarios que temos no noso país. En canto a Europa, centreime máis en qué porcentaxe de persoas realizan estudos terciarios en 14 paises, facendo unha evolución dende o 2015 ata o 2020.
Con isto quería, primeiro, enfocar a atención o estigma que teñen a distintas carreiras en España, xa que, como veremos no mapa, as artes e as humanidades seguen sendo as que máis taxa de paro teñen. Ademais, tamén quería reflectir a problemática das mulleres ao atopar traballo xa que, na maioría, son estas a que teñen a maior porcentaxe de acabar no paro tras os estudos universitarios.
En segundo lugar, co gráfico sobre estudos terciarios na UE, quixen facer ver que, aínda que non houbo un incremento esaxerado na maioría, o aumento de persoas que se atopan nestes tipos de estudos é real.
Gráfico 1: paro nas distintas ramas de educación universitaria tras finalizar os estudos en España
Gráfico 2: participación nos estudos terciarios nalgúns dos países da Unión Europea
Adxunto a continuación os datos:
Quedaría por explotar un chisco a parte do subtítulo, que pode ser de utilidade para exercer como porta de entrada á información. En canto ao de xerarquía, seguramente tamén nos sobraría o último dos niveis, pois nel non temos categorías senón que só está a cifra correspondente ao anterior.
No relativo ao de dispersión, está ben elaborado, mais tocaría facer algúns axustes no contido do popup. En primeiro lugar tocaría facelo un chisco máis ancho, para así permitir que se amose mellor o contido. Ademais, temos os botóns do gráfico interno en inglés. Tamén temos un "Rumanía" (Romanía) que se nos filtrou por aí.