top of page

España é o país europeo no que se abandonan máis animais

700 animais abandonados ó día, unha afirmación de National Geographic baseada no estudo da Fundación Affinity.


Malia que se deron pequenas variacións nos últimos anos, o territorio español continúa encabezando a listaxe de países en termos de abandono animal, por motivos como a finalización da temporada de caza (o que supón un 10% dos abandonos) ou económicos (un dos principais en 2020, coa crise da Covid-19). Fóra do feito de dar en adopción un animal nunha protectora, o abandono é considerado maltrato animal, posto que repercute na súa saúde psicolóxica e emocional. Ademais, en moitas ocasións, o abandono está ligado ó maltrato físico. Falamos dun delito penado pola lei no artigo 337 do Código Penal, actualizado en 2015. Este outorga un castigo entre un mes e un ano de prisión e a suspensión anual da profesión da persoa maltratadora en caso de que teña relación cos animais. Pese a isto, en España existen elevadas cifras de maltrato.




En España hai actualmente 1590 protectoras de animais que reciben ano tras ano grandes números de cans e gatos para acoller nas súas instalacións, o que provoca unha preocupante saturación que desemboca en que non haxa sitio para todos. Se falamos de etapas, na da pandemia por Covid-19 houbo unhas variacións: durante os meses de confinamento baixaron o número de abandonos, por unha parte polo estilo de vida que había que levar nesa época e por outra pola ralentización funcional das protectoras, debido á propia pandemia, como no resto de profesións. Cando se foi desenvolvendo gradualmente o desconfinamento, houbo unha subida nos centros de acollida.



Bady foi adoptado fai 10 anos do Refuxio de Bando.

Pertencía á camada dunha cadela de raza beagle que

foi abandonada.

(Fotografía de Paula Castiñeiras Barreiro).



A Fundación Affinity, ademais de distribuír produtos alimenticios para animais, desenvolve dende 1987 obxectivos de investigación, acción social (referido a terapias cos animais) e de concienciación, e, segundo os seus datos, en 2021 recolléronse 167.656 cans e 117.898 gatos. Na seguinte táboa, podemos ver os datos das dúas últimas décadas:



Algúns ven a solución en endurecer as medidas sancionadoras para que as persoas non abandonen e non maltraten, un endurecemento que reflicte a nova Lei de Protección Animal. Por outra banda, esta lei, cuxo anteproxecto se presentou o ano pasado e que entrará en vigor neste 2023, establece tamén unha serie de medidas que poderían axudar a reducir o abandono. O obxectivo desta nova lei é precisamente erradicar o maltrato e abandono animal. Algunhas das que introduce son a obrigatoriedade de esterilizar a unha mascota no caso de ter outra do sexo oposto ou a limitación de criar animais só a persoas criadoras rexistradas e profesionais, ambas medidas para evitar a sobrepoboación, porque o exceso de camadas é outro dos motivos de abandono.




1 comentario


Os gráficos quedan algo curtos de contido. Son pertinentes, pero faltaría apretar un chisco máis neles para enriquecelos. Por exemplo a infografía queda algo simple e tamén o mapa, que non nos aporta máis información que o nome e a localización aproximada. O relato é coherente e está ben estruturado, mais faltaría apretar na parte de gráficos.

Me gusta
bottom of page