España ante o parque móvil máis envellecido de Europa
- Raquel Besteiro
- 13 ene 2023
- 3 Min. de lectura
O país afronta os novos retos para construir un futuro sostible libre de emisións ante o horizonte 2030.

Foto: EuropaPress
O ano 2030 é o horizonte plantexado por Europa para reducir as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Un obxectivo que pasa por adaptar o parque automovilístico a ditas expectativas e reducir a presenza dos motores de combustión.
Para dita data, agárdase que a maioría de vehículos que circulen polas estradas e cidades europeas sexan de propulsión eléctrica, híbrida ou calquera outra alternativas sostible que se poida desenvolver na presente ou seguinte década.
En países como España xa se comezaron a tomar medidas para reducir e adaptar a presenza de coches contaminantes, e a partir do 1 de xaneiro de este ano, vinte cidades comezarán a multar aos vehículos que entren ao centro sen distintivo ambiental. Un requerimento que aínda non cumpren a maioría de vehículos que circulan no país.
As novas normativas dos últimos anos levaron á adaptación na fabricación dos motores a combustión. A crise económica de 2008 estancou a compra de vehículos nos anos posteriores á mesma, e segundo un informe da ANFAC, ( Asociación Española de Fabricantes de Automóviles e Camións) a idade media do parque móvil en España é de 13,5 anos, cunha maioría de coches a gasolina e diesel, sendo lixeiramente maior o número de vehículos a gasoil.
A incerteza das novas restricións aos motores de combustión, as limitacións da movilidade durante a pandemia e o recente encarecemento dos compoñentes de fabricación, fixo que se reducira a venda de coches nos últimos anos, e que no ano 2021 se mercaran máis coches de segunda man que novos. Este panorama que alonxaría ao país do compromiso con Europa de modernizar e actualizar o parque móvil para reducir emisións antes de 2030.
No ano 2022, as vendas de coches aumentaron respecto ás do exercicio anterior nun 12%, augurando o comezo dunha pequena recuperación do mercado automovilístico, con todo a maioría de vendas foron de segunda man, un mercado onde o 37% dos coches teñen máis de 15 anos. Ante estas cifras, a actualización do parque móvil en España é desigual por comunidades, e en Castela León por exemplo, malia o incremento de vendas de coches, o seu parque móvil segue sendo un dos máis envellecidos do país.
“Os coches eléctricos e híbridos xa son a opción favorita na venda de vehículos novos. Unha tendencia que se prevé á alza ante as novas políticas de emisións.”
No relativo ás vendas de coches novos, as restricións de tráfico ás cidades sumadas ás medidas impulsadas por Europa e o aumento dos prezos dos combustibles, promoveron no ano 2022 o aumento da venda de coches impulsados por enerxías alternativas.
O número de vehículos eléctricos e híbridos no noso país aínda é minoritario, representando unha proporción residual respecto aos motores a combustión.
Con todo, a compra de vehículos destas características é a que máis medra no noso país. Observando os datos relativos ás novas matriculacións nos últimos anos, pódese observar unha tendencia cada vez maior cara a adquisición de vehículos híbridos e eléctricos fronte aos de combustión, chegando a representar en outubro de 2022, o 43% do total das compras.
O parque móvil actual en España segue a estar envellecido, cunha predominancia de vehículos de combusión. Con todo, as tendencias actuais na addquisición de vehículos novos fai supoñer un cambio de paradigma de cara o futuro, onde a presenza de coches eléctricos e híbridos acabe superando aos de combustión.
Con todo, dito avance será lento en España ante o aumento de compra venda de coches de segunda man e a gran proporción de vehículos que superan os dez anos de antigüidade. Queda ver como avanzará 2023 e as medidas que se tomaron respecto a restrición da circulación nas cidades.
Hai un bo relato informativo e os materiais visuais están moi ben integrados nel. Faltaría unha pouca máis de conexión entre os diferentes elementos a través da cor xa que, por exemplo, o mapa verde de Datawrapper vai un pouco por libre neste sentido. Ademais, en Datawrapper faltaría por editar un chisco a ventá emerxente, faltaría tamén o subtítulo e cambiar o idioma de visualización no primeiro dos mapas.
O gráfico final de Flourish está moi ben programado e tan só faltaría amosar as unidades nas que está o gráfico. Neste caso semella que son porcentaxes, mais debe quedar claro en todo momento.