top of page

En defensa da sanidade pública do Baixo Miño

A Atención Primaria nos centros de saúde públicos da comarca do Baixo Miño leva anos baixo continuos recortes e retrocesos. Esta situación agravouse debido á pandemia e dende a mesma, nunca volveu á normalidade, entendendo normalidade como un uso total dos recursos que ten destinados. Os sanitarios que traballan nos centros desta comarca quéixanse de brutais sobrecargas de traballo, facendo turnos dobres e cubrindo o traballo que deberían facer dous ou tres médicos. Esta situación, que se dá de maneira similar en moitas partes de Galicia, é especialmente grave nunha comarca como a miñota, pois a meirande parte da súa poboación ten o hospital máis próximo en Vigo, a unha hora en coche ou unha hora e media en transporte público.

Busquei representar esta problemática a través dos seus datos máis chamativos, amosando a magnitude do problema das baixas sen cubrir de forma gráfica e facendo referencia tamén a outros feitos, menos visuais pero de igual gravidade. Estes datos serviron como fundamento para xustificar a chamada á acción que realizo, convocando ao público a unha recollida pública de sinaturas.

O estilo está baseado minimamente (unicamente en canto á tipografía e ás cores) nas convocatorias similares realizadas pola Plataforma de Defensa á Sanidade Pública da Guarda, que non conta cun estilo uniforme nin adoita asinar as súas publicacións, xa que se trata dunha iniciativa veciñal sen ánimo de lucro e con idéntico nome ao doutros Concellos.

Atopei bastantes problemas á hora de realizar o deseño final, xa que me resultou moi complicado condensar os datos máis relevantes de toda a información coa que contaba, información que ademais fluctúa moito no tempo. Nun primeiro momento engadín un mapa da comarca, pero desbotei esa idea xa que non tiña relevancia facer unha diferenciación dos datos por Concellos. Finalmente, despois de seleccionar a información que quería plasmar, engadín esa chamada á acción nunha cor máis chamativa pero con coherencia coas demais (utilicei unha paleta que recordase á sanidade, tamén). Engado por último fontes e nome.


Fontes:





1 comentario


Hai pouco que comentar, pois todo o presentado ten pleno sentido dentro da proposta. Hai unha boa selección da paleta de cores, de xeito que logras o contraste axeitado e facilitas que todo poida ser consultado con claridade.


No texto consegues destacar tamén aqueles elementos que son máis relevantes e hai moi boa lexibilidade nel. Iso si, habería que revisar se comezamos os parágrafos con maiúscula ou non. Pero, o dito, o presentado está moi ben construído, noraboa!!

Me gusta
bottom of page