top of page

En defensa da pesca galega

Chega un pouco tarde pero esta é a infografía pola que optei. Intentei que fora un documento que podería facer un gabinete de comunicación dunha empresa, neste caso, polo tema escollido, a conserveira Calvo. Trataría dun póster ou folletín que se podería repartir entre os traballadores da empresa ou entre os pescadores que suministran á compañía.

Intentei que fora sinxela e directa, que cubrira os puntos básicos da nova normativa e o transmitira eficientemente de forma rechamante. As cores, por suposto, aluden ao mar e o encabezado leva o logo da empresa cos seus azuis corporativos (tanto na tipografía como no fondo son cores corporativas extraídos dos seus logos).



1 comentario


De forma xeral hai un bo traballo con todos os elementos. Quedaría facer algúns axustes en elementos como a cor nalgúns deses obxectos decorativos que se presentan. Por exemplo, as burbullas da parte inferior teñen pouquiño contraste.


Habería que facer algúns axustes tamén na tipografía. Por exemplo, no titulo da infografía "Grupo Calvo" e "A nova normativa..." non están aliñados na parte esquerda, que aquí sería unha opción mellor.


Ademais, tocaría revisar o uso das cursivas. Normalmente empregámolo para os títulos de obras literarias ou fílmicas, ou para palabras que chegan dende outros idiomas. Aquí sería máis recomendable apostar por outro xeito de destacar as artes de pesca ou as zonas ás que lle afectará. Ben traballado!

Me gusta
bottom of page