top of page

'El apagón' de Puerto Rico


O obxectivo desta infografía é o de unir dous eidos totalmente distintos -a música e a política- para explicar a crise actual pola que está pasando Puerto Rico. Bad Bunny, un dos seus artistas máis recoñecidos, fala deste problema nunha das súas últimas cancións (aínda que a maioría descoñece do que verdadeiramente está a falar), polo que vin unha oportunidade moi boa para facelo chegar á sociedade.


Así, facéndome pasar por membro dunha asociación que vela polo pensamento enerxético en Puerto Rico, decidín explicar o contexto, a orixe e as causas desta situación a través das letras do cantante portorriqueño; todo de xeito resumido e acompañado de elementos visuais relacionados.


Xa na práctica, escoller o deseño final foi unha tarefa bastante complexa debido á propia complexidade do tema. Deste xeito, decidín optar por un deseño elaborado dende Canva que guía a lectura ao longo da canción para seguir, á súa vez, a cronoloxía da crise enerxética. O feito de incluír texto explicativo era algo inevitable, xa que cómpre explicar de cero o acontecido para aqueles que descoñecen totalmente a problemática. Co fin de facela máis visual, optei tamén por incluír fotos e vídeos que contextualizaran e deran imaxe ao propio texto.


Por outra banda, empreguei cores ligadas á bandeira para ter certa continuidade no deseño. Ao falar dende unha asociación de Puerto Rico, e tendo en conta o simbólica que a bandeira é durante as protestas, escollina como fondo da infografía, o que tamén facilita a súa rápida relación co país.





1 comentario


En primeiro lugar, tocaría revisar o xeito no que foi incrustada esta infografía. Ao facelo como vídeo perdéronse todos eses vídeos que engadías no traballo.


Xa dentro deste, sinalar que o traballo coas cores é bo, pois segues coa liña marcada pola propia bandeira de Puerto Rico e emprégala ao teu favor.


No relativo ao texto, este era un deses traballos que igual esixía máis letra da habitual, pero consegues adaptalo á súa xusta medida. Iso si, habería que facer uns cantos axustes para evitar que nos queden palabras soltas nas últimas liñas dos bloques de texto, por exemplo. A maiores, é moi positivo que metas destacados neses parágrafos, pois serven para facer fincapé nos seus elementos principais.


En canto…


Me gusta
bottom of page